1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención da documentación e información:
1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque n.º 1, 2.º andar.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.
5. Telefax: 981 54 42 39.
6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es; rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es
7. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17060
8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
d) Número do expediente: SEXU 05-06-07-08/EM.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: servizo, por prezos unitarios, de tradución e interpretación para a Administración de Xustiza en Galicia.
c) División por lotes e número de lotes: catro.
Lote 1: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia da Coruña.
Lote 2: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Lugo.
Lote 3: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Ourense.
Lote 4: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Pontevedra.
d) Lugar de execución: en cada ámbito provincial segundo o indicado no anexo A do prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de doce meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV: 79530000 – 8 (Servizo de tradución), 79540000 – 1 (Servizo de interpretación)
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos no apartado J da folla de especificacións.
4. Valor estimado do contrato: 254.237,28 euros, IVE excluído (valor inicial máis posibles prórrogas).
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 127.118,64 euros.
IVE (18%): 22.881,36 euros.
Importe total: 150.000,00 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:
Lote 1: importe neto: 44.491,52 €. Importe IVE (18%): 8.008,48 €,Total: 52.500,00 €.
Lote 2: importe neto: 19.067,80 €. Importe IVE (18%): 3.432,20 €. Total: 22.500,00 €.
Lote 3: importe neto: 19.067,80 €. Importe IVE (18%): 3.432,20 €. Total: 22.500,00 €.
Lote 4: importe neto: 44.491,52 €. Importe IVE (18%): 8.008,48 €. Total: 52.500,00 €.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5% do importe de licitación, IVE excluído. No caso de baixa desproporcionada terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Solvencia:
Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.
c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.
1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.
2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contados desde a data de apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2.º andar.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, bloque 1, 2.º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

