Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente INC-OU-189/2011-BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, n.º 4 e 6 baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 23 de novembro de 2011.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: INC-OU-189/2011-BIO.

Interesados: herdeiros de José Estévez Lage

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.