Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38522

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Decreto 216/2011, do 10 de novembro, polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.

Advertido un erro no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 225, do xoves 24 de novembro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 34724, na Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor, onde di: «Este decreto entrará en vigor o día seguinte aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».