Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de decembro de 2011 pola que se convoca para a elección de destino o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2011, en execución da sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación 4630/2006.

En execución da Sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación n.º 4630/2006, e mediante a Orde do 28 de setembro de 2008, a Consellería de Facenda elevou a definitiva a proposta do tribunal do aspirante que, en cumprimento da sentenza que se executa, supera o dito proceso selectivo, e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria por parte do aspirante, co obxecto de adxudicarlle destino definitivo, esta consellería

DISPÓN:

Convocar o aspirante que superou o proceso selectivo para o acceso ao corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, en virtude da sentenza que se executa, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2, pequeno, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o día 3 de xaneiro de 2012, ás 10.30 horas.

O aspirante convocado poderá elixir entre os postos que se relacionan no anexo, sempre que reúna as condicións exixidas nel.

No caso de solicitar excedencia voluntaria por servizos no sector público ou por interese particular, regulada no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro)– deberá presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal no cal conste a condición con que presta servizos na actualidade.

O aspirante deberá ir provisto de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderá ser representado por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Se o aspirante non comparece persoalmente ou por medio de representante seralle adxudicada en destino definitivo a praza que lle corresponda atendendo á orde de publicación destas.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

Anexo

Núm

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

MRC995006327600004

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal:

A Mariña Oriental

Servizos periféricos

Trabada

2

MRC995008127300005

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal:

Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

3

MRC995008327490003

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal: Quiroga

Servizos periféricos

Quiroga

4

MRC995009127001003

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal:

Lugo

Servizos periféricos

Lugo

5

MRC995009227560006

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal: Sarria-Samos

Servizos periféricos

Sarria

6

MRC995010227280007

MR

Axente

14

CD

Comarca forestal:

Meira

Servizos periféricos

Meira