Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38512

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011 pola que se ordena publicar a decisión do xurado do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Segundo o disposto na base 9.ª da Orde do 19 de xullo de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago, e se convoca a súa XVI edición para o ano 2011, o conselleiro de Cultura e Turismo deberá ditar a resolución que proceda, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo, á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, unha vez realizada a deliberación, prevista na base 7.ª daquela orde, do xurado reunido en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 2011. En consecuencia,

PROPOÑO:

Conceder o XVI Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago á entidade belga Sociedad Flamenca de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

José Manuel Rey Pichel
Director xeral do Patrimonio Cultural

Á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, estando conforme coa esta en todos os seus termos,

RESOLVO:

1. Conceder o XVI Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago á entidade belga Sociedad Flamenca de Santiago de Compostela.

2. Ordenar a notificación desta resolución ao interesado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Conselleiro de Cultura e Turismo