Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública dunha clínica veterinaria con local comercial.

Covadonga de Prado Mato, en representación da Clínica Veterinaria Tui, C.B., solicitou neste Concello licenza municipal que ampare a obtención dos actos edificatorios e de actividade de acondicionamento e actividade de local comercial e clínica veterinaria, na rúa Casal Aboy, n.º 1-Tui, deste termo municipal; e en cumprimento do artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde a inserción do presente anuncio no DOG e no BOP, poida examinarse o expediente no departamento de Urbanismo deste Concello, e poidan formular por escrito as alegacións que consideren oportunas todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar.

Tui, 31 de agosto de 2011.

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde