Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo XXXVIII, construción de nova rampla no contorno da Casa Torre e impermeabilización da escaleira do cubo LXXVII da muralla romana de Lugo, cofinanciado por unha subvención do Ministerio de Cultura.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 119, do 22 de xuño de 2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo XXXVIII, construción de nova rampla no contorno da Casa Torre e impermeabilización da escaleira do cubo LXXVII da muralla romana de Lugo, cofinanciado por unha subvención do Ministerio de Cultura.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 152.926,39 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado por unha subvención do Ministerio de Cultura.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de outubro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 5 de decembro de 2011.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).

d) Importe de adxudicación: 127.693,53 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo