Exposición de motivos
I
O noso ámbito económico está sacudido por unha profunda crise desde finais de 2007. A situación financeira internacional serviu de detonante para o comezo dun proceso que puxo de manifesto as especiais condicións nas que estaba inmersa a economía española, quedando ao descuberto os graves desequilibrios que albergaba, cunha importante perda da súa capacidade competitiva e unha alarmante deterioración da súa produtividade.
Nesta situación, a ausencia de medidas correctoras nos anos iniciais da crise produciu unha notable redución dos niveis de ingresos tributarios que se foi trasladando a todas as administracións territoriais do Estado, cunha particular incidencia nas comunidades autónomas.
Á caída dos seus propios ingresos tributarios, as comunidades tiveron que incorporar a aplicación dun novo sistema de financiamento que incumpre ostensiblemente as finalidades que se lle atribuían. Co novo modelo acentuouse a insuficiencia financeira por non se facer efectivos os novos recursos e fondos adicionais que viñan reforzar as carencias observadas durante a vixencia do modelo aprobado no 2001.
A maiores, as previsións que poden realizarse respecto do exercicio 2012 vense afectadas por un importante grao de incerteza, dado que o proceso de elaboración dos orzamentos do Estado para ese exercicio quedou pendente como consecuencia da convocatoria electoral. Neste momento, o escenario máis favorable que se pode formular circunscríbese á estrita prórroga orzamentaria e leva aparellado importantes limitacións en canto ás previsións de crecemento do conxunto da nosa economía e ao descoñecemento do comportamento recadatorio que, en 2012, pode establecerse para as grandes figuras do noso sistema impositivo (IRPF, IVE e impostos especiais), instrumentos básicos para a determinación directa e indirecta dos nosos recursos financeiros.
A Comunidade Autónoma de Galicia vén desenvolvendo desde o 2009 un esforzo continuado para, en primeiro lugar, conter o gasto e, a seguir, como consecuencia da diminución dos recursos durante os dous exercicios seguintes, realizar un amplo esforzo para que a redución do gasto se concentre no de carácter improdutivo. Fronte á caída dos ingresos que proveñen do sistema de financiamento, aplicouse unha política económica baseada na austeridade e na consecución da estabilidade orzamentaria co obxectivo de preservar a prestación dos servizos públicos fundamentais, non incrementar a presión fiscal e liberar rendas e recursos para a súa aplicación na economía produtiva.
No 2012 continúase por esta senda, coa finalidade de manter o gasto nos niveis do 2011. Para iso, partiuse dunha hipótese de mantemento de ingresos acorde coa previsible prórroga orzamentaria.
Ademais, ao abeiro da alínea Un do artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, unha vez determinado o obxectivo de estabilidade orzamentaria da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia acordou propoñer o límite de gasto non financeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2012 en 9.172 millóns de euros.
A introdución desta regra fiscal debe colaborar a reforzar a certeza e credibilidade da política fiscal da Comunidade Autónoma, facendo máis predicible a actuación das autoridades. Do mesmo xeito deberá limitar o nesgo deficitario que implicaba o proceso tradicional de orzamentación.
Por último, estes orzamentos proseguen na consolidación dos obxectivos de política económica da Xunta de Galicia, formulados no Plan estratéxico de Galicia 2010-2014. Diríxense á consecución dos obxectivos estratéxicos previstos nos cinco eixes que comprende este plan.
II
Na parte dispositiva a lei estrutúrase en seis títulos, trece disposicións adicionais, cinco disposicións transitorias e tres disposicións derradeiras.
O título I, relativo á aprobación dos orzamentos e ao réxime das modificacións de crédito, comeza por delimitar o ámbito dos orzamentos, incorporando a tipoloxía de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Este título recolle a parte esencial do orzamento, reflicte, no seu capítulo I, os ingresos e os gastos que compoñen os orzamentos da Comunidade Autónoma, integrados polos da Administración xeral, os dos organismos autónomos, os correspondentes ás entidades públicas instrumentais de asesoramento e consulta, que para os efectos orzamentarios teñen a consideración de organismos autónomos, os das axencias públicas autonómicas, os das entidades públicas empresariais, os dos consorcios autonómicos, os das sociedades mercantís e mais os das fundacións.
Dentro deste capítulo I detállanse os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado e sinálase o importe das subvencións reguladoras consideradas na normativa de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente, dentro dos artigos especificamente destinados aos orzamentos das entidades instrumentais autorízanse as dotacións iniciais das subvencións de explotación e de capital ás entidades públicas empresariais e ás sociedades mercantís.
No capítulo II deste título regúlanse os principios que rexen as modificacións orzamentarias, con expresión das regras de vinculación que afectan os créditos orzamentarios, da determinación dos que teñen natureza de créditos ampliables e das limitacións aplicables ás transferencias de créditos. Este capítulo, ante a prórroga dos orzamentos do Estado, contén a posibilidade de xerar crédito en imprevistos, coas diferenzas que poidan existir entre as cantidades consignadas nos estados de ingresos para os recursos que proveñen do sistema de financiamento e as que, con carácter definitivo, se establezan para o exercicio 2012.
No título II, relativo aos gastos de persoal, mantense a situación correspondente ao exercicio 2011. No seu capítulo I, as retribucións do persoal funcionario, docente, laboral ou ao servizo das institucións sanitarias non experimentan ningún incremento respecto do exercicio anterior. Mantéñense, tamén, as mesmas retribucións para os altos cargos e para o persoal directivo das entidades instrumentais do sector público autonómico. Durante o 2012 proseguirá suspendida a aplicación dos pactos ou acordos que contiveren incrementos retributivos para ese exercicio.
O capítulo II, dedicado a outras disposicións en materia de réxime de persoal, mantén para o ano 2012 que a oferta pública de emprego ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal estableza, como límite para as prazas de novo ingreso do persoal do sector público, que non exceda o 10% da taxa de reposición de efectivos e que a oferta de novas prazas se concentre nos sectores, as funcións e as categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. No resto do capítulo mantéñense as normas vixentes en 2011, e como novidade destaca a incorporación dun artigo para autorizar o límite máximo dos custos de persoal das tres universidades galegas.
No título III, relativo ás operacións de endebedamento e garantía, establécese para o 2012 a posición neta debedora da Comunidade Autónoma, que se incrementará nunha contía máxima equivalente ao 1,3% do produto interior bruto rexional, acomodándose aos límites establecidos polo Consello de Política Fiscal e Financeira para este exercicio.
En canto ao apoio financeiro aos proxectos empresariais, mantense para o 2012 a contía máxima dos avais que pode conceder o Instituto Galego de Promoción Económica, cun importe de cincocentos millóns de euros.
No título IV, destinado á xestión orzamentaria, mantéñense os preceptos dedicados á intervención limitada, ás modificacións dos contratos de transporte escolar, á fiscalización das operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma, á fiscalización dos nomeamentos ou de contratos de substitución do persoal, á identificación dos proxectos de investimento, á autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gasto, á revisión de prezos contidos en contratos e concertos, á regulación das transferencias de financiamento, ás subvencións nominativas, ao pagamento mensual de axudas e subvencións que se conceden a persoas físicas para financiar estudos de investigación, ao informe preceptivo e vinculante da Consellería de Facenda, que, sen prexuízo da análise de risco que realice o xestor, determina os efectos sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, nos préstamos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Regúlase tamén a competencia para outorgar subvencións correntes en función da súa contía, a xustificación do destino de determinado tipo de axudas e subvencións e mais a exención de achegar xustificantes do cumprimento de certas obrigas por determinados beneficiarios de axudas e subvencións.
O título V, dedicado ás corporacións locais, estrutúrase en dous capítulos. O primeiro, dedicado ao financiamento e á cooperación con estas entidades, detalla as transferencias que lles corresponden como consecuencia de convenios e subvencións, así como a participación dos concellos nos tributos da Comunidade Autónoma a través do Fondo de Cooperación Local.
En relación con este fondo, a lei fixa unha porcentaxe homoxeneizada de participación, desagregándose esta en fondo base, para recoller a mesma contía que no ano 2011, e o fondo adicional, para recoller o incremento debido á maior recadación dos capítulos I, II e III de Administración xeral en 2012. Establécese o sistema de distribución entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos para o fondo base, de maneira que estes recibirán segundo o coeficiente de repartición que lles correspondeu no 2011. Tamén se establece a repartición do fondo adicional conforme as variables de poboación, maiores 65 anos, superficie, núcleos de poboación e esforzo fiscal dos concellos, que se clasifican en tres grupos segundo teñan menos de 15.000 habitantes, entre 15.000 e 50.000 e máis de 50.000.
O capítulo II deste título constitúe unha novidade ao regular o procedemento de compensación e retención de débedas dos municipios contra os créditos que lles corresponden pola súa participación no Fondo de Cooperación Local. Neste sentido, regúlanse con detalle as débedas coa Comunidade Autónoma obxecto de compensación, distinguindo entre as que corresponden ao exercicio de potestades administrativas, as que derivan de convenios coa Administración autonómica e as súas entidades instrumentais e mais as que corresponden a outros concellos, mancomunidades ou consorcios constituídos para a prestación de servizos comúns. Ademais, para cada unha destas débedas detállase o procedemento específico que lle corresponde para a súa tramitación e establécese a orde de prelación no caso de concorrencia de débedas e o límite que hai que reter sobre as entregas a conta ou liquidación que lles corresponda do fondo. No caso de que os concellos xustifiquen a existencia de desfasamentos de tesouraría, tamén se considera un procedemento ad hoc para reducir a contía da retención.
No título VI, relativo ás normas tributarias, dado que as relativas a cada un dos tributos están incluídas na Lei de medidas que acompaña á de orzamentos, unicamente se recolle un artigo para establecer os criterios de afectación dos tributos propios. Neste sentido, o tramo autonómico do imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos queda afectado a gastos sanitarios. O imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada queda afectado a gastos de investimento destinados ao saneamento, a protección e mellora do medio natural, as obras e os servizos hidráulicos que realice a entidade instrumental competente en materia de augas. Tamén se especifican os programas de gasto da Comunidade cuxas actuacións van financiarse con parte da dotación do Fondo de Compensación Ambiental. Finalmente, tamén se inclúe a previsión de desenvolvemento da Axencia Tributaria de Galicia.
As trece disposicións adicionais consideran aspectos diversos. As relativas á información ao Parlamento, ao plan de restablecemento do equilibrio nos orzamentos das entidades públicas instrumentais, aos orzamentos iniciais das axencias públicas autonómicas, á venda de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos, ás prestacións familiares por coidado de fillos e á adecuación dos importes dos contratos, concertos e convenios de colaboración ás condicións retributivas establecidas no título de gastos de persoal xa estaban reguladas na Lei de orzamentos de 2011.
Como novidade, incorpórase no ano 2012 que o Consello da Xunta de Galicia autorizará, por proposta da Consellería de Facenda, os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas instrumentais con orzamento estimativo que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do exercicio 2012.
Nesta lei tamén se incorporan como novidades dúas disposicións adicionais que perseguen dar cobertura ás modificacións que poida orixinar a adopción de normas de prórroga dos orzamentos vixentes, así como a aprobación dos orzamentos do Estado para o 2012 cando xa se inicie, na nosa Comunidade, a execución dos orzamentos contidos nesta lei. A primeira destas disposicións recolle a actualización das retribucións do persoal á normativa básica que estableza o Estado, polo que lle corresponde á Consellería de Facenda ditar as disposicións necesarias para realizar as adaptacións dos créditos ás variacións que se produzan. A segunda, para actualizar a taxa de reposición de efectivos á normativa básica que o Estado estableza para o 2012.
Finalmente destacan, por unha banda, a que fai referencia á integración na Administración xeral ou en entidades instrumentais do sector público autonómico do persoal pertencente á Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, que percibirá, como máximo, as retribucións actuais, co axuste resultante da aplicación da Lei 3/2010, do 23 de xuño. E por outra banda, a que se refire ao persoal contratado ao abeiro do Plan de formación e inserción profesional para os centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia, na que se regulan as retribucións do devandito persoal cando continúe prestando servizos como persoal laboral indefinido, en cumprimento de resolución xudicial.
A lei conta con cinco disposicións transitorias. As correspondentes á redución da tarifa X-5 de Portos de Galicia e a relativa á ocupación do dominio público, mediante medios persoais, de inmobles afectos a dependencias administrativas xa se prevían na Lei de orzamentos de 2011.
Son novidades a transitoria relativa á percepción das retribucións polo persoal da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal que se integre no Instituto de Estudos do Territorio con cargo aos créditos da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe no programa 541E. Por outra parte, establécese un réxime transitorio de transferencia de créditos entre consellarías para poder atender o custo dos postos de veterinarios, en tanto non entre en vigor a modificación da relación de postos de traballo das consellerías do Mar, do Medio Rural e de Sanidade con respecto aos servizos veterinarios. Por último, a relativa á aplicación do disposto nesta lei ás axencias públicas autonómicas que resulten da adaptación ao disposto na alínea 5 da disposición transitoria terceira da Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
A lei conclúe con tres disposicións derradeiras, tocantes ao desenvolvemento, á vixencia e á entrada en vigor dela.
Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.º.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.
TÍTULO I
Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito
CAPÍTULO I
Aprobación dos créditos iniciais e do seu financiamento
Artigo 1. Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.
O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012, nos que se integran:
a) Os orzamentos da Administración xeral, nos que se incorporarán os órganos estatutarios e consultivos.
b) Os orzamentos dos organismos autónomos.
c) Os orzamentos das entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta, que consonte a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, terán a consideración de organismos autónomos para os efectos orzamentarios.
d) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas.
e) Os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais ás que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
f) Os orzamentos dos consorcios autonómicos aos que fai referencia o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
g) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas aos que fai referencia o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
h) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico aos que fai referencia o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
i) En todo caso, os orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do sistema europeo de contas, agás as universidades públicas.
Artigo 2. Orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.
Un. Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas consígnanse créditos por importe de 9.858.456.530 euros, distribuídos da forma seguinte:
Cap. I-VII |
Cap. VIII |
Cap. IX |
Total |
|
Administración xeral |
5.026.444.311 |
123.733.344 |
537.931.112 |
5.688.108.767 |
Organismos autónomos |
3.646.753.164 |
1.875.000 |
3.648.628.164 |
|
Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento |
1.955.333 |
1.955.333 |
||
Axencias públicas autonómicas |
460.127.902 |
50.000.000 |
9.636.364 |
519.764.266 |
Total |
9.135.280.710 |
175.608.344 |
547.567.476 |
9.858.456.530 |
As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos organismos autónomos e das axencias públicas representan 3.869.411.535 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:
Orixe |
Destino |
|||
Organismos |
Entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta |
Axencias públicas autonómicas |
Total |
|
Administración xeral |
3.434.471.852 |
1.955.333 |
432.984.350 |
3.869.411.535 |
Total |
3.434.471.852 |
1.955.333 |
432.984.350 |
3.869.411.535 |
Dous. A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:
Funcións |
Importe |
11 Alta dirección da Comunidade Autónoma |
38.359.846 |
12 Administración xeral |
67.786.538 |
13 Xustiza |
105.463.767 |
14 Administración local |
11.075.881 |
15 Normalización lingüística |
9.979.756 |
21 Protección civil e seguridade |
25.085.049 |
31 Acción social e promoción social |
606.033.022 |
32 Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo |
339.293.740 |
33 Cooperación exterior e ao desenvolvemento |
6.439.683 |
41 Sanidade |
3.529.206.011 |
42 Educación |
2.210.203.847 |
43 Cultura |
81.474.907 |
44 Deportes |
21.411.582 |
45 Vivenda |
89.023.072 |
46 Outros servizos comunitarios e sociais |
111.596.366 |
51 Infraestruturas |
322.443.228 |
52 Ordenación do territorio |
25.765.063 |
53 Promoción de solo para actividades económicas |
4.061.325 |
54 Actuacións ambientais |
136.418.180 |
55 Actuacións e valorización do medio rural |
127.295.803 |
56 Investigación, desenvolvemento e innovación |
117.861.226 |
57 Sociedade da información e do coñecemento |
56.153.650 |
58 Información estatística básica |
4.688.174 |
61 Actuacións económicas xerais |
31.166.637 |
62 Actividades financeiras |
58.184.659 |
71 Dinamización económica do medio rural |
332.729.970 |
72 Pesca |
132.761.929 |
73 Industria, enerxía e minaría |
54.829.057 |
74 Desenvolvemento empresarial |
178.002.835 |
75 Comercio |
21.230.102 |
76 Turismo |
49.897.223 |
81 Transferencias a entidades locais |
121.943.659 |
91 Débeda pública |
830.590.743 |
Total |
9.858.456.530 |
Tres. A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:
Capítulos |
I |
II |
III |
IV |
VI |
VII |
VIII |
IX |
Total |
Parlamento |
9.760.729 |
6.408.921 |
2.622.786 |
544.615 |
7.300 |
105.000 |
19.449.351 |
||
Consello de Contas |
5.227.431 |
1.387.509 |
2.705 |
518.821 |
36.061 |
7.172.527 |
|||
Consello da Cultura Galega |
1.282.955 |
1.037.000 |
32.500 |
225.000 |
2.577.455 |
||||
Presidencia da Xunta de Galicia |
18.102.724 |
9.230.205 |
29.303.862 |
43.968.081 |
17.618.648 |
99.147.783 |
217.371.303 |
||
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza |
110.623.038 |
33.547.368 |
34.860.333 |
10.188.942 |
13.314.526 |
50.000 |
202.584.207 |
||
Facenda |
28.893.409 |
3.770.759 |
200 |
11.471.603 |
2.873.139 |
7.285.025 |
212.500 |
54.506.635 |
|
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas |
19.931.951 |
2.445.944 |
43.596.634 |
31.145.782 |
377.526.984 |
474.647.295 |
|||
Economía e Industria |
13.379.217 |
1.338.974 |
28.444.992 |
6.548.800 |
146.044.728 |
20.952.000 |
216.708.711 |
||
Educación e Ordenación Universitaria |
1.329.810.600 |
210.535.018 |
581.478.257 |
55.928.314 |
78.079.499 |
522.799 |
2.256.354.487 |
||
Sanidade |
46.066.436 |
1.649.318 |
3.221.685.467 |
26.561.694 |
58.391.939 |
3.354.354.854 |
|||
Cultura e Turismo |
27.807.735 |
4.961.440 |
25.902.117 |
24.614.916 |
46.526.875 |
129.813.083 |
|||
Traballo e Benestar |
179.877.470 |
198.843.936 |
1.600 |
509.211.292 |
20.290.035 |
11.371.907 |
255.000 |
919.851.240 |
|
Medio Rural |
144.198.462 |
10.462.273 |
14.981.058 |
124.707.353 |
230.274.850 |
524.623.996 |
|||
Mar |
30.761.084 |
2.924.116 |
2.729.587 |
40.024.762 |
102.232.257 |
178.671.806 |
|||
Consello Consultivo de Galicia |
1.668.052 |
357.374 |
119.700 |
2.145.126 |
|||||
Transferencias a corporacións locais |
116.588.659 |
116.588.659 |
|||||||
Débeda pública da Comunidade Autónoma |
293.182.430 |
537.408.313 |
830.590.743 |
||||||
Gastos de diversas consellarías |
10.286.392 |
17.547.354 |
5.355.000 |
13.345.078 |
2.975.000 |
49.508.824 |
|||
Administración xeral |
1.977.677.685 |
506.447.509 |
293.184.230 |
4.628.266.852 |
401.605.032 |
1.088.674.538 |
123.733.344 |
537.931.112 |
9.557.520.302 |
Capítulos |
I |
II |
III |
IV |
V |
VI |
VII |
VIII |
IX |
Total |
Escola Galega de Administración Pública |
1.074.017 |
1.913.867 |
|
79.923 |
|
198.355 |
|
|
|
3.266.162 |
Academia Galega de Seguridade Pública |
752.644 |
1.751.604 |
|
|
|
73.352 |
|
|
|
2.577.600 |
Instituto Galego de Estatística |
2.950.017 |
373.070 |
|
12.000 |
|
986.592 |
|
|
|
4.321.679 |
Consello Galego da Competencia |
385.993 |
156.967 |
|
|
|
5.000 |
|
|
|
547.960 |
Instituto Galego da Vivenda e Solo |
10.299.930 |
2.789.545 |
|
11.381.210 |
|
38.491.809 |
28.896.903 |
1.225.000 |
|
93.084.397 |
Instituto Galego de Consumo |
4.791.675 |
674.623 |
|
268.000 |
|
751.500 |
168.500 |
|
|
6.654.298 |
Servizo Galego de Saúde |
1.558.658.469 |
858.769.910 |
|
895.001.166 |
76.320.200 |
59.535.082 |
356.857 |
650.000 |
|
3.449.291.684 |
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral |
5.498.290 |
728.533 |
|
|
|
730.261 |
|
|
|
6.957.084 |
Fondo Galego de Garantía Agraria |
4.969.413 |
654.294 |
|
20.000 |
|
1.979.204 |
74.304.389 |
|
|
81.927.300 |
Organismos autónomos |
1.589.380.448 |
867.812.413 |
906.762.299 |
76.320.200 |
102.751.155 |
103.726.649 |
1.875.000 |
|
3.648.628.164 |
|
Consello Económico e Social de Galicia |
531.426 |
260.771 |
|
|
|
|
|
|
|
792.197 |
Consello Galego de Relacións Laborais |
661.890 |
434.487 |
|
55.059 |
|
11.700 |
|
|
|
1.163.136 |
Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento |
1.193.316 |
695.258 |
|
55.059 |
|
11.700 |
|
|
|
1.955.333 |
Axencia Galega de Emerxencias |
747.100 |
59.669 |
|
|
|
5.700.251 |
|
|
|
6.507.020 |
Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable |
5.311.050 |
1.481.150 |
|
|
|
6.293.433 |
|
|
|
13.085.633 |
Axencia Galega de Infraestruturas |
13.291.422 |
1.035.642 |
210.000 |
7.422.014 |
|
251.034.988 |
10.460.000 |
|
|
283.454.066 |
Instituto Galego de Promoción Económica |
7.004.609 |
2.800.000 |
1.500.000 |
3.767.326 |
|
6.000.000 |
55.324.456 |
50.000.000 |
9.636.364 |
136.032.755 |
Instituto Enerxético de Galicia |
2.460.531 |
1.217.428 |
|
1.885.240 |
|
482.854 |
12.042.555 |
|
|
18.088.608 |
Axencia Galega das Industrias Culturais |
2.253.087 |
908.713 |
|
1.830.062 |
|
2.911.924 |
7.241.000 |
|
|
15.144.786 |
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural |
4.452.161 |
900.730 |
|
|
|
2.821.783 |
31.589.125 |
|
|
39.763.799 |
Instituto Galego de Calidade Alimentaria |
1.015.116 |
880.608 |
|
|
|
2.756.596 |
|
|
|
4.652.320 |
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia |
2.085.114 |
235.473 |
|
|
|
714.692 |
|
|
|
3.035.279 |
Axencias públicas autonómicas |
38.620.190 |
9.519.413 |
1.710.000 |
14.904.642 |
|
278.716.521 |
116.657.136 |
50.000.000 |
9.636.364 |
519.764.266 |
Total orzamento bruto |
3.606.871.639 |
1.384.474.593 |
294.894.230 |
5.549.988.852 |
76.320.200 |
783.084.408 |
1.309.058.323 |
175.608.344 |
547.567.476 |
13.727.868.065 |
Total transferencias internas |
|
|
|
3.310.345.947 |
|
|
559.065.588 |
|
|
3.869.411.535 |
Total orzamento consolidado |
3.606.871.639 |
1.384.474.593 |
294.894.230 |
2.239.642.905 |
76.320.200 |
783.084.408 |
749.992.735 |
175.608.344 |
547.567.476 |
9.858.456.530 |
Catro. Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos dos seus organismos autónomos e nos das axencias públicas autonómicas recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 9.858.456.530 euros, distribuídos da seguinte forma:
Cap. I-VII Ingresos non financeiros |
Cap. VIII Activos |
Cap. IX Pasivos financeiros |
Total |
|
Administración xeral e organismos estatutarios |
8.233.131.027 |
627.799 |
1.323.761.476 |
9.557.520.302 |
Organismos autónomos |
213.506.312 |
650.000 |
0 |
214.156.312 |
Axencias públicas autonómicas |
27.143.552 |
9.636.364 |
50.000.000 |
86.779.916 |
Total |
8.473.780.891 |
10.914.163 |
1.373.761.476 |
9.858.456.530 |
Cinco. Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 134.548.742 euros, consonte o seguinte detalle:
– Imposto sobre sucesións e doazóns: 78.462.767 euros.
– Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 15.215.619 euros.
– Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 40.870.356 euros.
En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 103.050.196 euros.
Artigo 3. Orzamento das restantes entidades públicas instrumentais.
Un. Entidades públicas empresariais.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais ás que se refire a letra e) do artigo 1 desta lei, que recollen as súas estimacións de gastos e as previsións de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Dous. Consorcios autonómicos.
Apróbanse os estados de gastos e ingresos dos consorcios aos que se refire a letra f) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Tres. Aprobación de subvencións de explotación e de capital das entidades públicas empresariais.
Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital ás entidades públicas empresariais ás que se refire a letra e) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 2.
Artigo 4. Orzamentos doutras entidades instrumentais.
Un. Sociedades mercantís públicas autonómicas.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas aos que se refire a letra g) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Dous. Fundacións do sector público autonómico.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico aos que se refire a letra h) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Tres. Aprobación de subvencións de explotación e de capital das sociedades mercantís públicas autonómicas.
Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades mercantís públicas autonómicas ás que se refire a letra g) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 2.
CAPÍTULO II
Das modificacións orzamentarias
Artigo 5. Réxime xeral das modificacións orzamentarias.
Un. As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.
Dous. As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, e recollerán adecuadamente os motivos que as xustifican, tanto os relativos á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.
Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado con respecto aos inicialmente previstos.
Artigo 6. Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.
Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle á persoa titular da Consellería de Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:
a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do período de programación 2007-2013 que resulten aplicables, así como para as reasignacións destes créditos ás que se refire a alínea Dous do artigo 10.
b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.
c) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».
d) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou, se é o caso, nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.
e) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións.
f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e dos prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 3 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 10.
g) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.
h) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.
i) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.
j) Para xerar crédito na sección 13, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais, con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, e mais na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución.
k) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:
1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:
– 30, «Taxas administrativas».
– 37, «Ingresos por ensaios clínicos».
– 36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.
2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan as cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.
3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.
4. Para autorizar modificacións de crédito destinadas á atención de necesidades que se produzan ao longo do exercicio en calquera capítulo de gastos do Servizo Galego de Saúde, en relación coas dotacións do Fondo de Continxencia orzado no capítulo V dese organismo autónomo.
l) Para xerar crédito no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre as entregas a conta que, con carácter definitivo, se establezan para o exercicio 2012, a liquidación de exercicios anteriores correspondentes aos distintos recursos do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e as cantidades consignadas no estado de ingresos por estes conceptos.
m) Para xerar crédito no capítulo VIII de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións ás que se refire o parágrafo terceiro da alínea Un e a letra b) da alínea Dous do artigo 35 desta lei.
n) Para xerar crédito nas entidades públicas instrumentais polos ingresos que se produzan neles cando resulten beneficiarios das ordes de convocatorias de axudas realizadas polas consellarías.
ñ) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.
No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección da que se trate.
o) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto das entidades públicas instrumentais para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
p) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, da posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ou do traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.
q) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado.
r) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma ou de distinta consellaría, cando teñan por obxecto redistribuír remanentes de crédito do capítulo I.
s) Para efectuar no orzamento de capital do Instituto Galego de Promoción Económica as modificacións que sexan precisas para a disposición do préstamo autorizado na alínea Dous do artigo 35 desta lei.
Artigo 7. Vinculación de créditos.
Un. Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:
120.20, «Substitucións de persoal non docente».
120.21, «Substitucións de persoal docente».
120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes».
120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».
121.07, «Sexenios».
130.02, «Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade».
131, «Persoal laboral temporal».
131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal».
132, «Persoal laboral temporal (profesorado de relixión)».
133, «Persoal laboral indefinido».
136, «Persoal investigador en formación».
220.03, «Diario Oficial de Galicia».
226.01, «Atencións protocolarias e representativas».
226.02, «Publicidade e propaganda».
226.06, «Reunións, conferencias e cursos».
226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».
227.06, «Estudos e traballos técnicos».
228, «Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais».
229, «Gastos de funcionamento de centros docentes non universitarios».
A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 12.06.312E.227.65, «Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal», así como os créditos correspondentes á aplicación 07.A1.512B.600.3, «Expropiacións en materia de estradas», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.
Os conceptos 480, «Transferencias correntes a familias», e 481, «Transferencias correntes a institucións sen fin de lucro», por unha parte, e os conceptos 780, «Transferencias de capital a familias», e 781, «Transferencias de capital a institucións sen fin de lucro», pola outra, serán vinculantes entre si. A mesma consideración terán os créditos dos subconceptos 221.07, «Comedores escolares», e 223.08, «Transporte escolar», que vincularán entre eles.
Dous. As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas pola persoa titular da Consellería de Facenda.
Artigo 8. Créditos ampliables.
Un. Con independencia dos supostos previstos na alínea 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:
a) Os incluídos na aplicación 06.04.621A.227.08, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.
b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir as persoas titulares de oficinas liquidadoras dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.
c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.
d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.
e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referidos aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.
f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.
g) Os incluídos na aplicación 12.02.312B.480.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.
h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.460.2, con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores, que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.
i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente»; 120.21, «Substitucións de persoal docente», e 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia sección orzamentaria ou do organismo autónomo.
j) Os créditos incluídos na aplicación 04.40.313D.480.0, destinados ao pagamento de axudas periódicas a mulleres que sofren violencia de xénero.
k) Os incluídos na aplicación 23.03.621A.890.00, destinados ao Fondo de Garantía de Avais.
Esta ampliación financiarase con baixa nas dotacións da aplicación 08.01.741A.732.0 e das correspondentes ao Instituto Galego de Promoción Económica.
l) Os créditos da sección 11, «Consellería de Cultura e Turismo», a que se refire o artigo 54 desta lei.
m) Os créditos destinados ao pagamento do complemento autonómico ás pensións non contributivas de xeito que permitan dar cobertura a todos os solicitantes que cumpran os requisitos exixidos pola administración.
n) Os créditos destinados ao pagamento da renda de integración social de Galicia (Risga).
Dous. Para os efectos do previsto no artigo 64.1.g) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán a consideración de seccións orzamentarias as secretarías xerais da Presidencia.
Tres. O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.
Artigo 9. Transferencias de crédito.
Un. Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto na alínea 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan aos capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.
Esa restrición non lles será aplicable:
a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional, logo da declaración polo Consello da Xunta da situación excepcional, catastrófica ou de análoga natureza.
b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.
c) Aos incrementos do capítulo I derivados do cumprimento de sentenzas xudiciais firmes ou autos de obrigada execución.
d) Aos incrementos do capítulo I derivados do previsto na alínea Cinco do artigo 31 desta lei.
e) Excepcionalmente, cando as características das actuacións que se deban executar para o cumprimento da finalidade do programa orzamentario previsto exixan a adecuación da natureza económica do gasto.
f) Cando teñan por obxecto atender as obrigas ás que se refire o artigo 60.2 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sempre que se xustifique a imposibilidade de tramitalas con cargo a gasto corrente.
g) As transferencias para atender intereses de demora cando se xustifique a imposibilidade de tramitalas con cargo a gasto corrente.
Dous. Polo que se refire ás seccións 09, «Educación e Ordenación Universitaria»; 10, «Sanidade», e 12, «Traballo e Benestar», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada na alínea anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.
No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementaren créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación sexa de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.
Tres. Sen prexuízo do disposto no resto de alíneas deste artigo, as transferencias de crédito axustaranse ás seguintes regras:
a) Poderán incrementarse os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias dos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente», mediante transferencias de crédito do concepto 131, cun límite máximo conxunto do 30% dos créditos iniciais do devandito concepto. A superación deste límite con cargo a outros conceptos do capítulo I deberá ser autorizada polo Consello da Xunta por proposta do departamento solicitante e con informe previo da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Orzamentos.
b) Non se incrementarán os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias do subconcepto 226.02, «Publicidade e propaganda»; 227.06, «Estudos e traballos técnicos»; 226.01, «Atencións protocolarias», e 226.06, «Reunións, conferencias e cursos».
Con todo, a limitación que atinxe ao 226.02, «Publicidade e propaganda», non afectará o Servizo Galego de Saúde nin a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer públicas medidas de seguridade en materia de protección civil derivadas de riscos non previstos ou medidas sanitarias sobre riscos para a saúde pública.
c) Non se poderán diminuír os créditos consignados no programa 312D, «Servizos sociais de atención ás persoas dependentes».
d) Non se poderán tramitar transferencias de crédito do capítulo VIII aos restantes capítulos do orzamento.
Catro. As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.
Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.
Cinco. Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.
Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, terán tamén a condición de redistribucións de créditos as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de área sanitaria ou xerencia de xestión integrada, sempre que non afecten a clasificación económica.
Así mesmo, para os efectos de facilitar a xestión entre diferentes centros de gasto dentro dunha mesma sección, as transferencias de crédito que afecten os gastos de funcionamento (221, 222, 227.00, 227.01 e 229) serán autorizadas polo seu titular, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.
Seis. Ás transferencias de crédito que afecten as aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien sociedades mercantís e fundacións do sector público de Galicia de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Así mesmo, quedan exceptuadas das limitacións establecidas no artigo sinalado no parágrafo anterior as transferencias entre partidas que financien sociedades públicas autonómicas cando estean afectadas por procesos de reordenación administrativa funcional autorizados polo Consello da Xunta de Galicia.
Sete. Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas alíneas anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante este exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.
O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:
a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.
b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».
c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.
d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.
e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.
f) Cando se refiran a axudas ou subvencións, no caso de que a orde de convocatoria pola que se rexe a súa concesión asigne o gasto a diversas aplicacións orzamentarias e non sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.
g) As que se refiren aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.
h) Cando se realicen entre créditos dos capítulos VI e VII do estado de gastos.
i) Cando teñan por obxecto atender gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras actuacións de natureza análoga e carácter excepcional.
j) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos necesarios para o mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal, na medida en que se produza a transferencia da súa titularidade ao Servizo Galego de Saúde.
k) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos dun programa orzamentario que permita o cumprimento da súa finalidade.
l) Cando se trate de modificacións de crédito derivadas das obrigas ás que se refire o artigo 60.2 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
m) Cando afecten transferencias dos capítulos II e IV.
n) Cando se refiran aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades, sempre que non afecten o importe total do Plan de financiamento de universidades.
Artigo 10. Adecuación de créditos.
Un. Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2012, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.
Sen prexuízo do indicado na letra ñ) do artigo 6 desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.
Dous. Para conseguir o máximo grao de execución posible dos fondos procedentes da Unión Europea, os créditos incorporados que non amparen compromisos de gastos debidamente adquiridos nos exercicios anteriores poderán ser reasignados a outras actuacións, da mesma ou distinta consellaría ou organismo, con suxeición aos respectivos plans financeiros e ás disposicións dos programas operativos e da normativa que os regula, por proposta motivada dos organismos intermedios da autoridade de xestión dos respectivos programas, ou da autoridade de xestión no caso do FEADER.
Artigo 11. Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.
Os organismos autónomos e as entidades públicas empresariais transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.
A Consellería de Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», unha vez analizada a súa repercusión e os seus efectos sobre a estabilidade orzamentaria.
Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.
As axencias públicas autonómicas para a incorporación do remanente de tesouraría non afectado aplicarán o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. De non se realizar a incorporación procederase conforme o disposto neste artigo para os organismos autónomos e as entidades públicas empresariais.
Artigo 12. Consello de Contas.
Con suxeición ás limitacións e aos requisitos establecidos con carácter xeral, as autorizacións de ampliacións e transferencias de crédito que se lle atribúen á persoa titular da Consellería de Facenda entenderanse referidas ao órgano competente do Consello de Contas cando correspondan ao orzamento do citado consello.
As modificacións autorizadas deberanlle ser comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Orzamentos.
TÍTULO II
Gastos de persoal
CAPÍTULO I
Retribucións do persoal
Artigo 13. Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.
Un. As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2012 ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2011, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.
Dous. As retribucións que percibirá no ano 2012 o persoal funcionario ao que lle resulta aplicable o artigo 76 do Estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado estatuto básico, no concepto de soldo e trienios, nas nóminas ordinarias de xaneiro a decembro de 2012, que corresponda ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza a persoa funcionaria, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:
Grupo/Subgrupo Lei 7/2007 |
Soldo |
Trienios |
A1 |
13.308,60 |
511,80 |
A2 |
11.507,76 |
417,24 |
B |
10.059,24 |
366,24 |
C1 |
8.640,24 |
315,72 |
C2 |
7.191,00 |
214,80 |
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais (Lei 7/2007, do 12 de abril) |
6.581,64 |
161,64 |
Os funcionarios aos que se refire a alínea anterior percibirán, en cada unha das pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro no ano 2012, no concepto de soldo e trienios, as seguintes contías:
Grupo/Subgrupo Lei 7/2007 |
Soldo |
Trienios |
A1 |
684,36 |
26,31 |
A2 |
699,38 |
25,35 |
B |
724,50 |
26,38 |
C1 |
622,30 |
22,73 |
C2 |
593,79 |
17,73 |
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais (Lei 7/2007, do 12 de abril) |
548,47 |
13,47 |
Tres. Para os efectos do disposto na alínea anterior, as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas desta lei. As equivalencias entrambos os sistemas de clasificación son as seguintes:
Grupo A Decreto lexislativo 1/2008 |
Subgrupo A1 Lei 7/2007 |
Grupo B Decreto lexislativo 1/2008 |
Subgrupo A2 Lei 7/2007 |
Grupo C Decreto lexislativo 1/2008 |
Subgrupo C1 Lei 7/2007 |
Grupo D Decreto lexislativo 1/2008 |
Subgrupo C2 Lei 7/2007 |
Grupo E Decreto lexislativo 1/2008 |
Agrupacións profesionais Lei 7/2007 |
Catro. Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán experimentar a oportuna adecuación, resultando inaplicables as cláusulas que establezan calquera tipo de incremento. Debido ás actuais circunstancias económicas excepcionais, suspéndese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o ano 2012.
Cinco. O disposto nas alíneas precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.
Seis. Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, o devandito sector público está constituído por:
a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.
b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.
c) As entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento ás que se refire a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
d) As axencias públicas autonómicas.
e) As entidades integrantes do sistema universitario de Galicia.
f) As entidades públicas empresariais ás que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
g) Os consorcios autonómicos aos que se refire o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
h) As sociedades mercantís públicas autonómicas ás que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
i) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma ás que se refire o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Artigo 14. Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral.
Un. As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico non experimentarán ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2011, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.
As pagas extraordinarias do persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo, e que se percibirán nos meses de xuño e decembro, serán o importe de soldo e trienios, se é o caso, establecido no artigo 13.Dous desta lei e dunha mensualidade de complemento de destino ou concepto ou contía equivalente en función do réxime retributivo dos colectivos aos que este artigo resulte aplicable.
Dous. O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, non experimentará ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro do ano 2011, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.
Tres. Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.
Catro. As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.
Cinco. As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.
Artigo 15. Retribucións dos consellos de administración.
As retribucións dos consellos de administración das sociedades mercantís públicas ou das entidades públicas empresariais non poderán exceder as contías globais estimadas para o ano 2010.
Artigo 16. Criterios retributivos en materia de persoal laboral.
A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican na alínea Seis do artigo 13 desta lei, que non poderá incrementarse no ano 2012, estará integrada polo conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados polo devandito persoal no ano 2011, en termos de homoxeneidade para os dous períodos obxecto de comparación. Exceptúanse en todo caso:
a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.
b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.
c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.
d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tiver que realizar o traballador ou a traballadora.
As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2012 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2012 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.
As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos con respecto ao ano 2011.
Artigo 17. Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo.
Un. As retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que lles puider corresponder de conformidade coa normativa vixente, serán para o ano 2012 as seguintes:
Presidente da Xunta: 71.960,28 €.
Conselleiros: 62.804,64 €.
Secretarios xerais, secretarios xerais técnicos, directores xerais, delegados territoriais e asimilados: 51.111,60 €.
Os secretarios xerais, secretarios xerais técnicos, directores xerais, delegados territoriais e asimilados percibirán un importe adicional de 1.136,96 euros nos meses de xuño e decembro, en aplicación do disposto na alínea 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003. A cantidade indicada incrementarase de acordo co previsto nos artigos 12.Dous e 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2008, na contía adicional de 837,27 euros nos meses de xuño e decembro.
Dous. As retribucións totais dos membros do Consello de Contas de Galicia referidas a doce mensualidades serán para o ano 2012 as seguintes:
Conselleiro maior: 66.835,56 €.
Conselleiros: 62.804,64 €.
Tres. As retribucións totais dos membros do Consello Consultivo de Galicia referidas a doce mensualidades serán para o ano 2012 as seguintes:
Presidente: 66.835,56 €.
Conselleiros: 62.804,64 €.
Catro. As retribucións totais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as letras b), c), d), f), g), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei, no ano 2012 non poderán experimentar ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2011.
Cinco. Por proposta da persoa titular da consellaría á que se atopen adscritas, as retribucións iniciais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais das entidades ás que se refire a alínea anterior deste artigo serán autorizadas, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, pola persoa titular da Consellería de Facenda.
Artigo 18. Complemento persoal.
O persoal funcionario designado para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento manteña unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderá percibir retribucións inferiores ás que tiña asignadas no posto de procedencia.
Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.
O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.
Os complementos persoais e transitorios permanecerán coas mesmas contías que o 31 de decembro do ano 2011.
Artigo 19. Retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior.
As contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior para o ano 2012 non poderán experimentar ningún incremento respecto das vixentes o 31 de decembro do ano 2011, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, as axudas de custo e a aplicación de coeficientes por razón de servizo que poidan corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo terán dereito a percibir os trienios que poidan ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.
Artigo 20. Retribucións do persoal funcionario da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público.
Un. De conformidade co establecido no artigo 13 desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2012 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade Autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:
a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 13.Dous desta lei referidas a doce mensualidades.
b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989. O importe de cada unha destas pagas será o importe do soldo e dos trienios establecido no artigo 13.Dous desta lei e dunha mensualidade de complemento de destino.
Cando o persoal funcionario preste unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.
c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:
No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.
d) O complemento específico mensual que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe non experimentará na súa contía ningún incremento con respecto ao vixente o 31 de decembro do ano 2011.
e) O complemento específico anual percibirase en catorce pagas iguais, das que doce serán de percepción mensual e dúas adicionais, do mesmo importe que unha mensual, nos meses de xuño e decembro, respectivamente.
f) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3.c) do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe da Dirección Xeral da Función Pública, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Orzamentos, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.
As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.
g) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.
Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.
h) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989.
Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2012, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. Non se considerarán en ningún caso os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios, para estes efectos.
Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.
Dous. O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, percibirá a totalidade das retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e a totalidade das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexan nomeados, excluídos os que estean vinculados á condición de persoal funcionario de carreira.
Tres. O complemento de produtividade poderáselle atribuír, se é o caso, ao persoal funcionario interino ao que se refire a alínea anterior, así como ao persoal funcionario en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que ese complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.
Artigo 21. Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Un. En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 20.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.
O importe das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de atención continuada e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade e á carreira profesional que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal non experimentará ningún incremento respecto do importe vixente o 31 de decembro do ano 2011.
A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c) e na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e no artigo 43.2 da Lei 55/2003, e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.
Dous. As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde non experimentarán ningún incremento, consonte o previsto no artigo 13 desta lei.
Tres. Os requisitos para a modificación das retribucións do persoal ao que se refire este artigo serán os establecidos no artigo 25 desta lei.
CAPÍTULO II
Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo
Artigo 22. Prohibición de ingresos atípicos.
O persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daquel sometido ao réxime de arancel, non poderá percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estean normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.
Artigo 23. Relacións de postos de traballo.
As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2012 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei, así como para axustalas á creación de prazas derivadas de sentenzas xudiciais firmes que recoñezan unha situación laboral de carácter indefinido, cando non se poidan adscribir a un posto de traballo vacante.
Se a persoa declarada laboral indefinida non se puider adscribir a un posto de traballo vacante, procederase a incluílo na relación de postos de traballo da consellaría ou do organismo afectado como posto de persoal funcionario, ou excepcionalmente de persoal laboral cando a natureza das súas funcións así o requira, de tal xeito que, unha vez modificada a relación de postos de traballo, a persoa afectada será adscrita ao posto de nova creación.
A proposta de modificación da relación de postos de traballo deberase efectuar no prazo máximo de tres meses contados a partir da data de firmeza da sentenza xudicial. O devandito posto proverase ben a través dos sistemas de provisión legalmente establecidos ou ben a través da oferta pública de emprego.
Artigo 24. Outras normas comúns.
Un. Cando as retribucións percibidas no ano 2011 non se correspondan coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 14/2010, do 27 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, non experimentarán no ano 2012 ningún incremento sobre as vixentes o 31 de decembro do ano anterior.
Dous. Na Administración da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas, nos casos de adscrición durante o ano 2012 de persoal funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo ao que se adscribe, o devandito persoal funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Dirección Xeral da Función Pública por proposta das consellarías interesadas.
Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Dirección Xeral da Función Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do persoal funcionario.
A Dirección Xeral da Función Pública comunicaralle estas autorizacións á Dirección Xeral de Orzamentos para o seu coñecemento.
Tres. As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.
Catro. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciba este nos seus importes líquidos.
Artigo 25. Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.
Un. Será necesario informe favorable emitido conxuntamente pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos para determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:
a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.
b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.
c) As entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento ás que se refire a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
d) As axencias públicas autonómicas.
e) As entidades integrantes do sistema universitario de Galicia.
f) As entidades públicas empresariais ás que se refire o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
g) Os consorcios autonómicos aos que se refire o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
h) As sociedades mercantís públicas autonómicas ás que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
i) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma ás que se refire o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Dous. Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2012, deberase solicitar da Consellería de Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2011.
Cando como consecuencia de convenios ou acordos colectivos resulte a obriga de recoñecementos de complementos persoais de carácter transitorio, deberase establecer que estes complementos serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza nos exercicios sucesivos, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. Non se considerarán en ningún caso o complemento de antigüidade, o complemento de produtividade nin as horas extraordinarias para estes efectos.
Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2011.
Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire a alínea Un deste artigo.
Tres. Para os efectos das alíneas anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:
a) A determinación das retribucións dos postos de nova creación.
b) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados na alínea Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.
c) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.
d) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.
e) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.
f) A determinación das retribucións correspondentes ao persoal contratado no exterior.
Catro. Co fin de emitir o informe sinalado na alínea Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlles á Dirección Xeral da Función Pública e á Dirección Xeral de Orzamentos o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.
Cinco. O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2012 coma para exercicios futuros e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento.
Seis. Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.
Sete. Non se poderán autorizar gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2012 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.
Artigo 26. Persoal de alta dirección das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma.
Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.
Artigo 27. Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.
Un. As consellerías da Xunta de Galicia, os organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas poderán formalizar durante o ano 2012 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:
a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.
b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.
d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.
Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.
Dous. Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para cuxa realización se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puideren derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á exixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, así como o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais e ás contratacións de persoal temporal asociado a proxectos de investigación, imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.
Tres. A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento, ou órgano equivalente, certificará, despois da proposta fundamentada do xestor, que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.
Catro. A contratación poderá exceder o exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que excedan o devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Cinco. O servizo xurídico do departamento ou organismo emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades exixidos pola lexislación laboral.
Seis. Non se poderán realizar contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.
Sete. Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.
Artigo 28. Nomeamento de profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesorado interino con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.
No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.
Artigo 29. Profesores e profesoras de corpos docentes.
Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 74, alínea 5, do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e atendendo as peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, alínea 2, do referido texto refundido, os profesores e as profesoras dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos.
Artigo 30. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal para o ano 2012.
Un. Durante o ano 2012, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público ao que se refire a alínea Seis do artigo 13 desta lei será, como máximo, igual ao 10% da taxa de reposición de efectivos e concentraranse nos sectores, as funcións e as categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao que se refire a alínea a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión ou se decida a súa amortización. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 10 desta lei.
En calquera caso, as prazas correspondentes aos nomeamentos a que se refiren os artigos 10.1.a) da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, e 9.2 da Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal dos servizos de saúde, e as contratacións de persoal interino por vacante computarán para os efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao mesmo ano no que se produza o nomeamento ou a contratación, e, se non for posible, na seguinte oferta de emprego público, agás que se decida a súa amortización.
Dous. O Consello da Xunta poderá autorizar, coa limitación establecida na alínea Un deste artigo, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia e co informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos, a convocatoria das prazas vacantes de persoal funcionario e do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Tres. As convocatorias de prazas vacantes do persoal laboral propio das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma deberán ser autorizadas pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos.
Artigo 31. Contratación de persoal laboral temporal e nomeamento de persoal funcionario interino no ámbito da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.
Un. Durante o ano 2012 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal, nin ao nomeamento de persoal funcionario interino, nos supostos previstos no artigo 9.2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal dos servizos de saúde, e na letra a) da alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no ámbito ao que se refire a letra b) da alínea Seis do artigo 13 desta lei, xa se trate de postos reservados nas relacións de postos de traballo a persoal laboral, estatutario ou a persoal funcionario.
Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:
a) Persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.
b) Persoal dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
d) Persoal adscrito ao servizo de defensa contra incendios forestais.
e) Persoal laboral e persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
f) Persoal adscrito ao sistema integrado de emerxencias e protección civil.
As devanditas contratacións adecuaranse estritamente ás necesidades do servizo e terán como límite máximo as previsións orzamentarias establecidas para o efecto.
As direccións xerais competentes remitiranlle á Dirección Xeral de Orzamentos, con periodicidade mensual, a relación de todas as contratacións de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino e persoal estatutario interino realizados con base nesta excepción. Xunto coa relación achegarase unha memoria explicativa que xustifique a necesidade urxente e inaprazable e o carácter imprescindible para o funcionamento do servizo.
Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal laboral temporal ou nomearse persoal funcionario interino para a cobertura de postos vacantes cuxa necesidade de cobertura xurda ao longo do ano 2012 nas relacións de postos de traballo, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos. Para estes efectos, o departamento solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a cobertura do posto resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo.
Dous. Durante o ano 2012 poderán atenderse os excesos ou as acumulacións de tarefas mediante a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino sen adscrición a praza, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Orzamentos e de acordo cos límites que se establecen na letra a) da alínea Tres do artigo 9 desta lei. O gasto derivado destas contratacións imputarase necesariamente aos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».
Para estes efectos, o departamento solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a contratación resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo.
Tres. Así mesmo, poderán acordarse as substitucións transitorias, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas e que cando unha vez valorada polos responsables de xestión a duración prevista da devandita situación resulten absolutamente imprescindibles para o funcionamento do servizo.
Quedan exceptuados, sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, as seguintes substitucións:
a) Persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.
b) Persoal dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
d) Persoal adscrito ao servizo de defensa contra incendios forestais.
e) Persoal veterinario que preste os seus servizos en matadoiros e lonxas ou nos servizos de sanidade e produción animal dependentes da Consellería do Medio Rural.
f) Persoal administrativo que preste os seus servizos nas oficinas de rexistro unificadas da administración da Comunidade Autónoma.
g) Persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
h) Persoal que se atope en situación de permiso por parto, adopción ou acollemento.
Catro. De conformidade co establecido neste artigo, a aplicación dos pactos e acordos que prevexan medidas relativas á cobertura das ausencias do persoal das institucións sanitarias deberá respectar o carácter absolutamente imprescindible das substitucións transitorias do persoal. En consecuencia, serán os órganos de xestión das institucións sanitarias os que, atendendo as necesidades asistenciais, determinarán as medidas axeitadas para manter a cobertura asistencial, adecuándose, asemade, aos principios e criterios de responsabilidade na xestión do gasto e de eficiencia na asignación e o emprego dos recursos públicos, atendendo a situación económica e o cumprimento do principio de sustentabilidade financeira, consonte o preceptuado na Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.
Cinco. Poderá efectuarse o nomeamento de persoal funcionario interino para a execución de programas de carácter temporal, segundo o previsto no artigo 10.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, cos seguintes requisitos:
a) O financiamento debe proceder de fondos da Unión Europea ou da Administración estatal.
b) A duración do nomeamento non poderá exceder a execución do programa e non superará o prazo de dous anos, agás prórroga da execución do programa como consecuencia de novo financiamento.
c) O persoal funcionario interino non ocupará prazas da relación de postos de traballo e a súa selección e nomeamento axustaranse ao procedemento establecido polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Artigo 32. Contratación de persoal temporal no ámbito das entidades instrumentais.
Un. Durante o ano 2012 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal, nin ao nomeamento de persoal funcionario interino, nin de persoal estatutario temporal, para a cobertura de postos vacantes, no ámbito ao que se refiren as letras c), d), f), g), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei. Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal temporal ou nomearse persoal funcionario interino ou persoal estatutario interino para a cobertura de postos vacantes e substitucións transitorias cuxa necesidade de cobertura xurda ao longo do ano 2012 nos cadros de persoal ou nas relacións de postos de traballo, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, que se poderá conceder con carácter excepcional tras a debida xustificación motivada da entidade solicitante de que a cobertura resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento da entidade.
Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:
a) Persoal dedicado á defensa contra incendios forestais.
b) Persoal que preste servizo nas unidades asistenciais das sociedades sanitarias e fundacións sanitarias.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
Dous. No ámbito ao que se refiren as letras c), d), f), g), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei, será preciso informe favorable emitido conxuntamente pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos para a realización de:
– Contratacións de persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo determinado.
– Contratacións de persoal laboral temporal na modalidade de acumulación de tarefas cando a súa duración sexa superior a quince días ou cando non exista unha partida axeitada e suficiente prevista no orzamento inicial da entidade para esta finalidade.
Para estes efectos, deberase remitir unha memoria xustificativa da necesidade da contratación solicitada e da adecuación da modalidade contractual. Así mesmo, incluirase unha memoria económica na que se valoren todos os aspectos económicos da solicitude e da forma de financiamento.
Tres. Con periodicidade mensual deberase remitir á Dirección Xeral de Orzamentos a información referida a todas as contratacións realizadas durante o período pola entidade, independentemente da modalidade contractual e da súa duración.
Artigo 33. Contratación de persoal vinculado a encomendas de xestión.
Durante o ano 2012 as encomendas de xestión que realicen a Administración da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos ou as axencias públicas ás entidades a que se refiren as letras f), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei non poderán supoñer a contratación de persoal temporal por parte das devanditas entidades con cargo ás contías recibidas como contraprestación da realización das encomendas de xestión.
Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as contratacións de persoal temporal que estiveren previstas no programa de actuación, investimento e financiamento.
Esta limitación non será aplicable a proxectos financiados con fondos finalistas do Estado e da Unión Europea.
Artigo 34. Custos de persoal das universidades de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, quedan autorizados como límite máximo os seguintes custos do persoal das universidades, nos seguintes importes:
Masa salarial |
Cargas sociales |
Total |
|
A Coruña |
77.973,54 |
11.017,74 |
88.991,28 |
Santiago de Compostela |
135.071,79 |
16.188,21 |
151.260,00 |
Vigo |
81.622,54 |
11.975,46 |
93.598,00 |
Total |
294.667,87 |
39.181,41 |
333.849,28 |
(Importe en miles de euros)
TÍTULO III
Operacións de endebedamento e garantía
Capítulo I
Operacións de crédito
Artigo 35. Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.
Un. A posición neta debedora da Comunidade Autónoma poderá incrementarse durante o ano 2012 nunha contía máxima equivalente ao 1,3% do PIB da Comunidade Autónoma.
Para estes efectos, tomarase a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, axencias públicas autonómicas e demais entidades instrumentais de calquera condición que, conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria, estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais.
Co obxecto de optimizar a carga financeira global da Comunidade Autónoma, a posición neta debedora da Administración xeral poderá incrementarse coa finalidade de amortizar préstamos dos organismos, os entes e as sociedades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice.
Dous. A posición neta debedora será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso deste, e quedará automaticamente revisada:
a) Polas desviacións que poidan xurdir entre as previsións de ingresos contidas nesta lei e a súa evolución real.
b) Nas contías necesarias para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos na alínea 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.
c) Na contía necesaria para a adquisición de activos financeiros por parte do Instituto Galego de Promoción Económica, por un importe máximo de 50.000.000 de euros, para dispoñer da liña do Banco Europeo de Investimentos. Ese posible maior endebedamento debe estar destinado á adquisición de activos financeiros de suxeitos non comprendidos na mencionada alínea 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.
d) Nas contías asumidas en concepto de débeda polas variacións na composición do sector da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, en termos do sistema europeo de contas nacionais e rexionais, como consecuencia de que entes que estaban nel considerados pasan a deixar de estalo ou viceversa.
e) Na contía máxima do endebedamento autorizado nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia dos catro últimos exercicios que non fose utilizado, sempre que estea dentro dos límites establecidos nos programas de endebedamento acordados co Ministerio de Economía e Facenda.
f) Polos anticipos reintegrables ou préstamos concertados con outras administracións públicas para o financiamento de investimentos incluídos en plans ou programas conxuntos.
g) Polos importes adicionais que se amparen nos acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira en materia de endebedamento.
Tres. No ámbito da Administración xeral, autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda para formalizar as operacións de endebedamento ás que se refire este artigo. A formalización poderá realizarse de maneira fraccionada, en función das necesidades de financiamento da Comunidade Autónoma. Estas operacións poderán instrumentarse mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ou calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.
Igualmente se faculta para converter ou renegociar as operacións de endebedamento xa formalizadas, co obxecto de conseguir a xestión máis adecuada do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, poderá acordar operacións con instrumentos financeiros derivados que permitan xestionar o risco ou a carga financeira da Comunidade Autónoma.
Artigo 36. Débeda da tesouraría.
Un. A Comunidade Autónoma, para a atención de necesidades da Administración xeral, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, por prazo inferior a un ano, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e o concepto 400.
Dous. Autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda a determinar as condicións concretas e a formalizar estas operacións de crédito ou emisión de débeda pública, en calquera das súas modalidades.
Artigo 37. Outras operacións financeiras.
A formalización de calquera operación de carácter financeiro a medio ou longo prazo non referida nos artigos precedentes, como instrumentos de leasing, factoring e outros, por parte dos órganos da Administración xeral e de calquera das entidades públicas instrumentais, cando o seu importe acumulado exceda os 200.000 euros, deberá contar coa correspondente autorización da Consellería de Facenda, a través da dirección xeral competente en materia de política financeira.
Artigo 38. Endebedamento das entidades instrumentais do sector público.
Un. As entidades instrumentais do sector público autonómico, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación dese límite deberá ser autorizada pola Consellería de Facenda.
Independentemente do anterior, o saldo vivo o 31 de decembro de 2012 non poderá superar por estas operacións o saldo vivo o 31 de decembro do exercicio anterior, agás autorización expresa da Consellería de Facenda.
Dous. Para concertar, renovar ou modificar as condicións de financiamento de calquera tipo de operacións de endebedamento a longo prazo ou de cobertura sobre elas, as entidades instrumentais do sector público autonómico, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán conseguir a autorización da Consellería de Facenda.
Tres. O endebedamento autorizado ao Instituto Galego de Promoción Económica na alínea Dous do artigo 35 terá por obxecto o financiamento de actividades que lle son propias e, consecuentemente, outorgará préstamos, directamente ou a través de entidades financeiras, a pequenas e medianas empresas. O importe autorizado poderá ser disposto nunha ou en sucesivas operacións, sen que en ningún caso o importe acumulado disposto sexa superior ao importe global dos préstamos outorgados e dispostos ás pequenas e medianas empresas.
Catro. Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, sen que se poida establecer ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade do referido instituto logo de realizada a subrogación.
O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2012 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros. Non obstante, o volume da débeda viva na fin do exercicio non excederá o do 31 de decembro do ano anterior, agás con autorización expresa da Consellería de Facenda.
Cinco. O réxime de autorización establecido nas alíneas anteriores realizarase a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, que asesorará as mencionadas entidades nas distintas operacións financeiras co obxecto de elixir o instrumento máis apropiado, obter as mellores condicións dos mercados financeiros e conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.
Co mesmo fin, as mencionadas entidades dependentes da Comunidade Autónoma deberanlle remitir á Consellería de Facenda, a través da referida dirección xeral, nos primeiros quince días de cada trimestre, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a seguinte información relativa á fin do trimestre inmediato anterior:
a) Detalle da situación de endebedamento, desagregando cada operación financeira.
b) Detalle das operacións financeiras activas.
CAPÍTULO II
Afianzamento por aval
Artigo 39. Avais.
Un. Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2012 será de 30.000.000 de euros.
Dous. Consonte o disposto no artigo 45 do mesmo texto legal, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder, durante o ano 2012, avais en contía que non supere en ningún momento o saldo efectivo vixente de 500.000.000 de euros.
Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.
Por cada operación de aval e por cada liña ou programa de avais dotarase unha provisión para atender posibles falidos na contía que determine a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, ben en relación co importe da operación individual, ben en consideración ao montante total da liña ou do programa. O importe destas provisións destinarase ao Fondo de Garantía de Avais de acordo co sinalado na letra k) do artigo 8 desta lei.
Nos primeiros quince días de cada trimestre o Instituto Galego de Promoción Económica deberalle remitir á Consellería de Facenda a través da referida dirección xeral, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a información relativa aos avais existentes á fin do trimestre inmediato anterior.
Tres. O Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda, poderá acordar, logo da petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectar grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.
TÍTULO IV
Xestión orzamentaria
CAPÍTULO ÚNICO
Dos procedementos de xestión orzamentaria
Artigo 40. Intervención limitada.
A contía á que se refire o artigo 97.1.a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración na lexislación reguladora da contratación do sector público.
Artigo 41. Modificacións de contratos de transporte escolar.
Os contratos administrativos de transporte escolar poderán modificarse por razóns de interese público e para atender causas imprevistas debidamente xustificadas, de conformidade co previsto na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
As modificacións consistentes na variación dos percorridos, así como na reestruturación dos itinerarios, motivadas por razóns técnicas, dado o carácter esencial e impostergable dos servizos de transporte escolar, poñeranse en práctica de xeito inmediato, unha vez comprobados o cumprimento das condicións referidas ao comezo, así como a existencia de crédito orzamentario necesario para levalas adiante.
As devanditas modificacións estarán excepcionadas de informe previo da asesoría xurídica cando a súa contía non supere o 20% do prezo do contrato/día que se vai modificar e o importe anual que represente a modificación non supere os 18.000 euros, IVE excluído.
Con independencia do establecido no artigo 97.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non estarán sometidas a intervención previa as devanditas modificacións cando non excedan dos límites sinalados no parágrafo anterior.
Malia o anterior, a Intervención Delegada da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobará, antes da fiscalización do primeiro pagamento, o cumprimento de todos os requisitos exixidos para autorizar e comprometer o gasto.
Artigo 42. Fiscalización das operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma.
A intervención previa dos procedementos de contratación de operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma realizarase no momento procesual inmediatamente anterior ao compromiso que se adquire co asinamento do contrato, e comprobarase o cumprimento de todos os requisitos exixidos para aprobar e comprometer o gasto.
Artigo 43. Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitucións de persoal.
A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente.
Artigo 44. Identificación dos proxectos de investimento.
As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Artigo 45. Autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gastos.
Un. Requirirá autorización por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de contratación e de encomendas de xestión cando o valor estimado ou o importe do gasto, respectivamente, sexa superior a 4.000.000 de euros.
Dous. A tramitación de expedientes que comporte a modificación de convenios que fosen previamente autorizados polo Consello da Xunta requirirá autorización do mesmo órgano. Non obstante, non será precisa esta autorización cando a modificación non supoña unha alteración do obxecto nin comporte incremento do importe total ou no número de exercicios orzamentarios, sempre que a distribución do importe correspondente a cada exercicio respecte os límites aos que fai referencia o artigo 58.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Tres. Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación da consellaría ou da entidade instrumental do sector público autonómico que xestione o crédito.
Artigo 46. Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.
Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2012 a Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico non poderán referenciarse por riba da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.
Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, a persoa titular da Consellería de Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.
Artigo 47. Transferencias de financiamento.
Un. As achegas de natureza corrente deberanse librar con carácter mensual por doceavas partes, agás que mediante convenio se regule outro réxime diferente de pagamento. Este convenio deberase someter a informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma sobre a adecuación do réxime de libramento proposto ao ritmo de execución do gasto corrente da entidade.
Dous. Os convenios que se formalicen para regular o réxime de libramentos das transferencias de financiamento non precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.
Tres. As achegas de capital libraranse atendendo o ritmo de execución do gasto de capital da entidade.
Catro. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma verificará a correcta aplicación destas achegas mediante o uso das técnicas de fiscalización e auditoría previstas no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e nas normas que a desenvolven.
Artigo 48. Subvencións nominativas.
Un. Non poderán incrementarse os créditos previstos nesta lei para subvencións nominativas.
Dous. Os convenios ou as resolucións nos que se estableza a concesión de subvencións nominativas regularán así mesmo o réxime de xustificación, pagamentos e anticipos que, se é o caso, se poidan librar. Estes convenios ou resolucións só necesitarán a autorización previa do Consello da Xunta cando de xeito excepcional, logo da xustificación da súa ineludible necesidade, prevexan un pagamento a conta ou ben un anticipo superior aos permitidos nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
Artigo 49. Concesión directa de axudas e subvencións.
A resolución de concesión de subvencións correntes que con carácter excepcional se realicen ao abeiro do disposto nos artigos 19.4.c) e 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirá autorización do Consello da Xunta cando a súa contía supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano, ou as concedidas por cada departamento da Administración autonómica excedan globalmente os 60.100 euros no exercicio, exceptuadas as que vaian ser formalizadas mediante convenio ou instrumento bilateral, ás que lles será aplicable o réxime xeral previsto no artigo 26.3 da devandita Lei 9/2007. Os importes elevaranse a 12.000 euros e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.
Artigo 50. Xustificación de axudas e subvencións.
Sen prexuízo do disposto no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para aquelas axudas e subvencións que se concedan con cargo a créditos financiados por recursos procedentes da Unión Europea, a xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente logo da comprobación explícita da execución da obra por parte dos servizos técnicos da Xunta de Galicia, e a do pagamento cos xustificantes das transferencias bancarias ou cos documentos acreditativos dos pagamentos realizados, de acordo coa normativa contida nos regulamentos aplicables aos fondos.
Artigo 51. Obrigas dos beneficiarios e das beneficiarias das axudas e subvencións.
Un. Quedan exentos e exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, ou ser debedor ou debedora por resolución de procedencia de reintegro, os beneficiarios e as beneficiarias das subvencións seguintes:
a) As outorgadas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus organismos autónomos, entes públicos, sociedades públicas, fundacións e demais entes vinculados ou dependentes da Xunta de Galicia que deban exercer a súa actividade con suxeición ás normas de dereito público.
b) As outorgadas a favor dos órganos estatutarios de Galicia.
c) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.
d) As libradas a favor doutras comunidades autónomas, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas delas dependentes.
e) As outorgadas a favor das universidades.
f) As outorgadas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.
g) As bolsas e as axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.
h) As subvencións con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo IV, «Transferencias correntes», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.
i) As que non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, «Transferencias de capital», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.
j) Aquelas axudas ou subvencións nas que, por concorreren circunstancias debidamente xustificadas, derivadas da natureza, do réxime ou da contía da subvención, así se estableza mediante orde da consellaría competente en materia de economía e facenda.
k) As subvencións destinadas a financiar proxectos ou programas de acción social e cooperación internacional que se concedan a entidades sen fins lucrativos, así como a federacións, confederacións ou agrupación delas.
l) As subvencións ou as axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario ou beneficiaria e axuda o importe de 1.500 euros.
m) As concedidas aos beneficiarios e ás beneficiarias para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.
n) As axudas que se concedan para incentivar a contratación de seguros no sector agrario e acuícola, amparados no Plan de seguros agrarios combinados.
o) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.
Dous. Quedan exceptuados da obriga de presentación de garantías que establece o artigo 67 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, do 13 de xuño, os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellaría competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.
Artigo 52. Pagamento de axudas e subvencións.
O pagamento, mediante aboamentos mensuais, das bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas, destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, poderá efectuarse de forma anticipada, con suxeición ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 53. Préstamos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
Un. Sen prexuízo da análise de riscos, competencia e responsabilidade do centro xestor do gasto, será preceptivo e vinculante o informe da Consellería de Facenda para a concesión de préstamos con cargo aos créditos do capítulo VIII dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
O citado informe terá por obxecto determinar o efecto que as condicións de concesión dos préstamos poidan ter sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e, atendendo as devanditas consideracións, determinará a procedencia da concesión das operacións propostas.
No suposto de préstamos que se vaian conceder a través de procedementos de concorrencia, o citado informe emitirase no momento anterior á aprobación da convocatoria.
Dous. Os beneficiarios dos préstamos deberán acreditar que se atopan ao corrente do pagamento das obrigas de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.
Correspóndelle ao centro xestor do gasto comprobar o cumprimento destas condicións con anterioridade ao pagamento, exixindo, cando non se poida acreditar doutro xeito, unha declaración responsable do beneficiario ou certificación do órgano competente de este ser unha administración pública.
Tres. Mediante orde da Consellería de Facenda poderanse ditar as instrucións que sexan precisas para o cumprimento desta disposición.
Artigo 54. Expedientes de dotación artística.
Á entrada en vigor desta lei, o 80% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial nin con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea nin con fondos propios que cofinancien, será obxecto de ampliación de crédito na Consellería de Cultura e Turismo, a conta das retencións de crédito previstas, para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.
A ampliación de crédito indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na alínea Sete do artigo 9 desta lei.
Artigo 55. Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.
Un. De acordo co establecido nas alíneas segunda e terceira do artigo 117 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para os efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2012, é o fixado no anexo 4 desta lei.
Dous. As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2012, sen prexuízo da data na que se asinen as táboas salariais para 2012 do V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.
As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «Gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.
A administración só aboará as categorías funcionais directivas de director e xefe de estudos do centro, así como os trienios destas dúas categorías. Non aboará ningunha outra categoría funcional directiva e, singularmente, as denominadas xefaturas de departamento, aínda que figure expresamente recollido no convenio colectivo vixente. No ano 2012 a Administración autonómica tampouco subscribirá acordos nin ditará instrucións ou resolucións para o aboamento da paga extraordinaria por antigüidade na empresa prevista no V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, publicado por Resolución do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Traballo (BOE do 7 de xaneiro de 2007).
Os compoñentes do módulo destinados a «Outros gastos» e «Persoal complementario» terán efectos a partir do 1 de xaneiro de 2012.
As contías correspondentes ao módulo de «Outros gastos» aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.
As contías correspondentes ao módulo de «Persoal complementario» tamén se aboarán mensualmente, e os centros deberán xustificar estes importes ao remate do exercicio económico e separadamente do módulo de «Outros gastos».
Tres. Os centros que impartan os catro cursos da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo curso ou do terceiro e cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.
Catro. Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais.
A administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto para cada centro nos correspondentes módulos económicos, segundo o establecido no anexo 4 desta lei.
Cinco. A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.
TÍTULO V
Corporacións locais
CAPÍTULO I
Financiamento e cooperación económica coas corporacións locais
Artigo 56. Créditos asignados ás corporacións locais.
O montante total dos créditos que se asignan ás corporacións locais nos estados de gastos que se detallan no artigo 2 desta lei, derivados da súa participación no Fondo de Cooperación Local e da subscrición de convenios e da concesión de subvencións, ascende a 325.204.194 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 5.
Artigo 57. Dotación e distribución do Fondo de Cooperación Local.
Un. Conforme o indicado na disposición adicional quinta da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2011, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,3505369% para o exercicio de 2012.
Esa porcentaxe desagrégase da seguinte forma:
Un 2,3049611% corresponde ao fondo base.
Un 0,0455758% corresponde ao fondo adicional.
Dous. O crédito orzamentario inicial destinado ao pagamento das entregas a conta correspondentes á participación das entidades locais nos tributos da Comunidade Autónoma ascende a 115.256.097 euros, dos que 112.972.806 euros corresponden ao fondo base e 2.283.291 euros ao fondo adicional.
Tres. Con anterioridade ao reparto do fondo base deducirase un importe equivalente ao 1%, sen que poida exceder de 600.000 euros anuais, que se destinarán aos gastos de mantemento propios da Federación Galega de Municipios e Provincias. A cantidade restante será obxecto de distribución entre todos os concellos de Galicia, conforme os coeficientes que se establecen no anexo 6.
Catro. O fondo adicional será obxecto dunha primeira distribución mediante a aplicación do seguinte proceso:
a) Consideraranse tres grupos de concellos, atendendo a súa poboación de dereito: os de poboación inferior a 15.000 habitantes, os de poboación entre 15.000 e 50.000 habitantes e os de poboación superior a 50.000 habitantes.
Entre estes tres grupos realizarase unha repartición inicial do fondo de acordo cos seguintes criterios e ponderacións: habitantes, 70%; maiores de 65 anos, 10%; superficie, 10%; núcleos de poboación, 10%.
b) As participacións de cada concello determinaranse atendendo o grupo ao que pertence, aplicándolle á contía resultante da repartición inicial para ese grupo as seguintes escalas específicas:
Criterio |
Ponderación (%) |
||
Grupo I < 15.000 |
Grupo II 15.000 <= P <= 50.000 |
Grupo III > 50.000 |
|
Habitantes |
55 |
70 |
80 |
Maiores 65 anos |
10 |
10 |
10 |
Superficie |
15 |
10 |
5 |
Núcleos de poboación |
20 |
10 |
5 |
c) Os datos considerados para a aplicación dos criterios previstos nas letras anteriores serán os oficialmente dispoñibles o 1 de xaneiro do ano 2012.
d) As cantidades asignadas a cada concello na repartición do fondo adicional, conforme os criterios precedentes, modularanse mediante a aplicación, con efectos redistributivos e unha ponderación do 5%, da variable esforzo fiscal, e obteranse así as participacións finais de cada concello.
O índice de esforzo fiscal municipal obterase mediante a aplicación da seguinte fórmula:
EFM = (RM/RG) – (PM/PG), sendo:
EFM: índice de esforzo fiscal municipal.
RM: recadación capítulos I, II e III do concello, excluídos os tributos cedidos polo Estado.
RG: recadación capítulos I, II e III de todos os concellos, excluídos os tributos cedidos polo Estado.
PM: poboación do concello o 1 de xaneiro do ano considerado para a recadación.
PG: poboación de todos os concellos na mesma data.
e) Os datos de recadación, que se deben considerar no cálculo do índice de esforzo fiscal, son os correspondentes ao último exercicio dispoñible polo Consello de Contas o 1 de xaneiro de 2012 que resulten da liquidación dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da respectiva entidade local, obtidos a partir das contas rendidas en prazo e forma, de conformidade co exixido pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
No caso de que o concello non efectuase a rendición de contas en prazo e forma, atribuiráselle a recadación que resulte de aplicar á súa poboación a menor recadación per cápita dos concellos que a presentasen.
Cinco. O disposto nas alíneas Un, Tres e Catro será aplicable na distribución da entrega a conta e da liquidación definitiva do exercicio 2012. A distribución das liquidacións definitivas que, pola participación dos concellos no Fondo de Cooperación Local, se satisfagan durante o 2012 realizarase aplicando a cada concello o coeficiente de reparto que lle correspondeu na entrega a conta do exercicio que se liquida.
Artigo 58. Transferencias derivadas de convenios ou subvencións.
As transferencias ás entidades locais de Galicia derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas dos estados de gastos que se detallan no artigo 2 desta lei, ascenden a 208.615.535 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 7.
CAPÍTULO II
Procedemento de compensación e retención do Fondo de Cooperación Local
Artigo 59. Débedas obxecto de compensación.
Un. As cantidades que lle correspondan a cada concello como participación no Fondo de Cooperación Local serán susceptibles de compensación coas débedas firmes, líquidas e exixibles que teñan contraídas coa Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico que actúen no exercicio das súas potestades administrativas.
Dous. Ademais, poderán ser obxecto de compensación coa participación no Fondo de Cooperación Local as achegas dos concellos que, en virtude de convenio coa Xunta de Galicia e as súas entidades instrumentais, teñan expresamente atribuído o seu carácter de firmeza, liquidez e exixibilidade.
Tres. Por último, poderán ser obxecto de retención as cantidades que as entidades locais municipais deban satisfacer ás mancomunidades ás que pertenzan de acordo co disposto na lexislación da Administración local, ou a outras mancomunidades, concellos e consorcios que xestionen servizos en común, como consecuencia da súa obriga de participar no financiamento e mantemento destes servizos e sempre que así se estableza de xeito expreso no instrumento regulador asinado entre as partes, e que este instrumento lle sexa comunicado, con carácter previo ao seu asinamento, á Consellería de Facenda para que autorice a utilización do procedemento de compensación.
Artigo 60. Procedemento para a compensación das débedas e posterior retención nas entregas a conta.
Un. No caso de débedas firmes, líquidas e exixibles coa Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, as axencias públicas e as demais entidades instrumentais do sector público autonómico que actúen no exercicio de potestades administrativas, o procedemento de retención iniciarase por solicitude do órgano ao que lle corresponde a competencia no procedemento executivo de recadación da débeda, quen previamente terá ditado o oportuno acordo de compensación desta e llo terá notificado ao concello debedor.
Neste suposto, corresponderalle ao órgano encargado da xestión do Fondo de Cooperación Local ditar o acordo de retención, tanto nas entregas a conta do fondo que se deben realizar ao concello debedor durante o exercicio corrente coma na liquidación definitiva anual deste que se realice durante o devandito exercicio, tendo en conta o establecido no artigo seguinte en canto á orde de prelación de débedas nos supostos de concorrencia.
Dous. O procedemento previsto na alínea anterior tamén se aplicará ás débedas incluídas na alínea Dous do artigo 59. Non obstante, cando o propio convenio estableza expresamente a posibilidade de realizar a retención no Fondo de Cooperación Local, o procedemento limitarase ao sinalado respecto do acordo de retención.
Tres. No caso de débedas con entidades locais que non dependen da Comunidade Autónoma, o procedemento de retención iniciarase por solicitude do alcalde ou presidente da entidade local acredora da débeda, que acompañará a esta solicitude a certificación do seu responsable de recadación na que se faga constar a denominación, o concepto e o importe da débeda cuxa retención se solicita e mais a data na que se produciu o vencemento do período de pagamento comunicado para facela efectiva. Ademais, á solicitude incorporarase copia compulsada do documento (estatutos da entidade, convenio de prestación de servizos ou calquera outro) do que dimane a vinculación xurídica entre as partes e ampare a obrigatoriedade da débeda reclamada.
Neste suposto, corresponderalle ao órgano encargado da xestión do Fondo de Cooperación Local ditar o acordo de retención tanto nas entregas a conta do fondo que se lle deben realizar ao concello debedor durante o exercicio corrente coma na liquidación definitiva anual del que se realice durante o devandito exercicio, tendo en conta o establecido no artigo seguinte en canto á orde de prelación de débedas en supostos de concorrencia.
Artigo 61. Orde de prelación na concorrencia de débedas.
Un. Cando concorran varias débedas que deba satisfacer o mesmo concello, a retención practicarase tendo en conta a seguinte orde de prelación:
1. A débeda correspondente á liquidación anual do Fondo de Cooperación Local, cando esta tiver carácter negativo.
2. As restantes débedas previstas no artigo 59.
Dous. No caso de que a liquidación anual do Fondo de Cooperación Local ao concello teña carácter negativo, procederase á súa retención, por partes iguais nas entregas a conta correspondentes ás catro mensualidades inmediatamente seguintes ao coñecemento da liquidación, podendo alcanzar ata o 100% da contía asignada a cada entrega a conta.
Se a contía desta liquidación negativa supera o importe desas catro mensualidades, continuará a practicarse a retención, conforme as condicións anteriormente sinaladas, nas mensualidades sucesivas ata que se extinga a débeda.
Tres. Cando o importe que haxa que reter da liquidación anual de carácter negativo o permita e, no acordo de retención, concorran outras débedas previstas no artigo 59, a retención, ata a extinción total das débedas, poderá alcanzar ata o 100% da contía asignada, tanto en cada entrega a conta coma na liquidación definitiva anual correspondente á participación no fondo, ao respectivo concello. Esta retención aplicarase ás débedas seguindo estritamente a orde de prelación establecida neste artigo.
Catro. Se no acordo de retención existe concorrencia das débedas previstas no grupo 2 da alínea Un deste artigo e cando a contía de todas elas supere a cantidade máxima susceptible de retención, esta ratearase entre aquelas en función dos seus importes.
Cinco. A contía que haxa que reter no conxunto do exercicio poderase reducir cando se xustifique a existencia de graves desfasamentos de tesouraría xerados pola prestación daquelas obrigas relativas a:
– O cumprimento regular das obrigas de persoal;
– A prestación dos servizos públicos obrigatorios en función do número de habitantes do municipio;
– A prestación de servizos sociais, protección civil e extinción de incendios, para cuxa realización non se exixa ningunha contraprestación en forma de prezo público ou taxa equivalente ao custo do servizo realizado.
Non se poderá establecer en ningún caso unha porcentaxe de retención para o conxunto das restantes débedas previstas na alínea Un deste artigo inferior ao 50% da entrega a conta ou da liquidación definitiva anual correspondente ao concello.
Nos procedementos de redución da porcentaxe de retención, o órgano xestor do Fondo de Cooperación Local ditará a resolución correspondente, tendo en conta a situación financeira da entidade e a necesidade de garantir a prestación dos servizos públicos obrigatorios. Para iso, a entidade local deberá achegar, con carácter imprescindible e non exclusivo:
– Certificado expedido polos órganos de recadación das entidades acredoras polo que se acredite ter atendido o pagamento das obrigas correntes nos doce meses precedentes ao mes inmediato anterior á data de solicitude da certificación.
– Informe da situación financeira actual subscrito polo interventor local que inclúa o cálculo do remanente de tesouraría na data de solicitude da redución da porcentaxe de retención e poña de manifesto os termos nos que a devandita situación afecta o cumprimento das obrigas recollidas no parágrafo primeiro desta alínea.
– Plan de saneamento, aprobado polo Pleno, que inclúa o exercicio en curso.
Na resolución fixarase o período de tempo no que a porcentaxe de retención deberá ser reducida, sen que caiba a extensión deste máis alá da finalización do exercicio económico. En todo caso, tal redución estará condicionada á aprobación pola entidade local dun plan de saneamento, ou á verificación do cumprimento doutro en curso.
Seis. As débedas obxecto de retención nun exercicio que non se extinguisen ao termo deste recibirán, dentro do grupo ao que se refire a alínea Un deste artigo, tratamento preferente para o exercicio seguinte, de maneira que as débedas pertencentes ao mesmo grupo, cuxa compensación se solicite nese exercicio, concorrerán con aquelas só cando a aplicación dos límites porcentuais que, en cada caso, prevexa este artigo o permita.
Sete. As resolucións nas que se declara a extinción das débedas con cargo ás cantidades que se retivesen corresponderán, en cada caso, ao órgano legalmente competente que teña atribuída a xestión recadatoria, de acordo coa normativa específica aplicable, e producirán os seus efectos, na parte concorrente da débeda, desde o momento no que se efectuou a retención.
TÍTULO VI
Normas tributarias
CAPÍTULO ÚNICO
Tributos propios
Artigo 62. Criterios de afectación de determinados tributos.
Un. A totalidade dos ingresos previstos polo tipo de gravame autonómico do imposto sobre as vendas retallistas de determinados hidrocarburos, establecido polo artigo 5 da Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas, queda afectado ao financiamento de gastos de natureza sanitaria. Para tal efecto, consignarase, polo seu importe, unha transferencia específica no estado de ingresos do Servizo Galego de Saúde.
Dous. A totalidade dos ingresos previstos polo imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, establecido pola Lei 15/2008, do 19 de decembro, financiará actuacións comprendidas no programa 542A, en concreto os gastos de investimento destinados ao saneamento, protección e mellora do medio natural, así como a realización de transferencias para levar a cabo obras e servizos hidráulicos. Para tal efecto, consignarase, polo seu importe, unha transferencia de capital específica no estado de ingresos da entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Tres. A metade da dotación anual, que cos recursos do canon eólico corresponde ao Fondo de Compensación Ambiental, establecido pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, financiará os gastos de investimento consignados nos programas 541B, 541D, 542A, 551B e 713B do estado de gastos.
Artigo 63. Desenvolvemento da Axencia Tributaria de Galicia e información ao Parlamento.
Co obxecto de mellorar a distribución da renda e de loitar contra a fraude fiscal, a Xunta de Galicia desenvolverá a Axencia Tributaria de Galicia establecendo o contrato-programa de actuación plurianual e o plan anual de actuación, e daralle conta trimestralmente ao Parlamento do devandito plan.
Disposición adicional primeira. Información ao Parlamento.
Un. A Consellería de Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referida ás seguintes actuacións:
a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.
b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma, polos seus organismos autónomos, polas axencias públicas autonómicas ou polas restantes entidades instrumentais do sector público autonómico, conforme as autorizacións contidas nesta lei.
c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto no que respecta aos avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma aos concedidos polas entidades instrumentais do sector público autonómico.
d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.
e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas autorizadas polo Consello da Xunta ás que se refire artigo 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Os plans aos que se refire a disposición adicional segunda desta lei.
Dous. A Consellería de Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:
a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra p) do artigo 6 desta lei.
b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 10.
c) Os orzamentos dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas, das entidades públicas empresariais e das sociedades mercantís públicas autonómicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do 2012.
Tres. A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.
Disposición adicional segunda. Entidades públicas instrumentais.
As entidades públicas instrumentais que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer a situación de equilibrio nos seus orzamentos.
O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Facenda para a súa aprobación dentro dos tres meses seguintes a aquel no que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais nas que esta circunstancia se reflicta.
Disposición adicional terceira. Autorización de orzamentos en entidades instrumentais de nova creación.
Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas instrumentais con orzamento estimativo que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2012.
Disposición adicional cuarta. Orzamento inicial das axencias públicas autonómicas e requisitos de creación.
Un. Para as axencias públicas que se poidan constituír ata o 31 de decembro do ano 2012 e asuman funcións doutros centros directivos, organismos ou entidades, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e por iniciativa da consellaría da que dependa a axencia pública, establecerá as dotacións do seu orzamento inicial.
O orzamento financiarase mediante a minoración dos créditos que teña atribuídos o centro, o organismo ou a entidade cuxas funcións asuma, sen que supoña un incremento do gasto público, e terá a vinculación orzamentaria establecida para axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Dous. Con todo, cando a axencia que se constitúa asuma na súa totalidade funcións dun organismo autónomo, procederase á adaptación do orzamento do organismo ao previsto para as axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, de conformidade co seguinte:
A vinculación do orzamento a partir da entrada en vigor do estatuto da axencia será a prevista para as axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Para incorporar ao orzamento do organismo os recursos e as dotacións correspondentes ás operacións comerciais que, de ser o caso, realice, tramitarase un expediente de modificación orzamentaria que autorizará a persoa titular da Consellería de Facenda, manténdose o equilibrio orzamentario.
Tres. No caso de que polas datas de aprobación dos estatutos, ou por calquera outra circunstancia que dificulte a aplicación do disposto nas alíneas anteriores, se considere procedente non alterar durante o ano 2012 a estrutura e o réxime orzamentario dos centros ou organismos afectados, esta circunstancia farase constar no decreto polo que se aprobe o correspondente estatuto.
Disposición adicional quinta. Prestacións familiares por coidado de fillos.
Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estean obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
Disposición adicional sexta. Alleamento de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos supostos de alleamento de terreos destinados á creación de solo industrial e residencial, así como a parcelas ou a polígonos empresariais ou residenciais terminados que se realicen a favor das sociedades públicas con participación maioritaria polo anterior organismo, para que o alleamento se poida efectuar con pagamento aprazado non superior a dez anos e sen repercusión de intereses.
Disposición adicional sétima. Prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos.
No ano 2012 as persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, de pensións do Fondo de Asistencia Social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos terán dereito á percepción dunha prestación única de 206 euros.
O Consello da Xunta, por proposta da consellaría con competencias en materia de benestar social, aprobará as normas de desenvolvemento necesarias para o recoñecemento do dereito e o pagamento das prestacións.
Disposición adicional oitava. Concertos, contratos e convenios de colaboración.
Os importes dos concertos, contratos e convenios de colaboración que teña subscritos a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as demais entidades do sector público adecuaranse ás condicións retributivas que derivan das previsións desta lei.
En particular, no ámbito do ensino privado concertado suspéndese o Acordo do 24 de abril de 2008, polo que se autoriza o asinamento do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre condicións laborais e a calidade do ensino, publicado mediante Resolución do 15 de maio de 2008, no relativo ao establecido na súa cláusula terceira sobre o incremento interanual do 2% no complemento retributivo da Comunidade Autónoma e o incremento de 45 euros brutos mensuais para todo o profesorado en pagamento delegado e xornada completa.
Disposición adicional novena. Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.
Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.
En idénticas condicións correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.
En todo caso, daráselle conta á Consellería de Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.
Disposición adicional décima. Actualización retributiva do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma.
As retribucións establecidas para o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma no título II desta lei adecuaranse en todo caso ao que se estableza na normativa básica do Estado para o exercicio 2012. A Consellería de Facenda ditará as disposicións necesarias para adaptar os créditos de gastos ás variacións que se produzan.
Disposición adicional décimo primeira. Actualización da oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal para o ano 2012.
A taxa de reposición establecida para o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma no título II desta lei adecuarase en todo caso ao que se estableza na normativa básica do Estado para o exercicio 2012.
Disposición adicional décimo segunda. Integración do persoal da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
O persoal da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia que opte por se integrar na Administración xeral ou nalgunha das entidades que conforman o sector público autonómico percibirá, como máximo, as retribucións actuais co axuste resultante da aplicación da Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.
Disposición adicional décimo terceira. Persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional.
O persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional (Plan FIP) nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia que continúe prestando servizos como persoal laboral indefinido en cumprimento dunha resolución xudicial que declarase a devandita condición percibirá durante os períodos nos que exerza esta actividade as retribucións establecidas para o grupo profesional do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que lle corresponda en función da titulación mínima requirida do curso que imparta. No caso de que non exista categoría laboral concreta equiparable, aplicaránselle as retribucións xenéricas do grupo respectivo, e nos grupos III, IV e V as mínimas do grupo profesional.
Disposición transitoria primeira. Portos de Galicia. Redución da contía da tarifa X-5.
Nas instalacións deportivas construídas por Portos de Galicia e xestionadas por particulares mediante a correspondente concesión ou autorización administrativa que á entrada en vigor desta lei incluíren nos pregos de condicións a redución da contía da tarifa X-5 de ata o 15% por se subrogar nas obrigas de pagamento dos suxeitos pasivos que utilicen as instalacións, manterase esta redución mentres estea vixente ese título administrativo. No caso de modificación ou prórroga deste, aplicarase o disposto na regra décimo segunda da tarifa X-5, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición transitoria segunda. Ocupacións de dominio público mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas. Réxime transitorio.
As ocupacións de dominio público mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas existentes á entrada en vigor desta lei, baseadas en título suficiente, vixente ou prorrogado consonte a norma, seguiranse rexendo polo disposto no seu título ata a extinción deste.
Disposición transitoria terceira. Disolución da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
O persoal que segundo o previsto no artigo 16 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pase a incorporarse no organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a partir do 1 de xaneiro do 2012 e ata o momento da constitución do Instituto de Estudos do Territorio, percibirá as súas retribucións con cargo aos créditos do programa 541E da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
Disposición transitoria cuarta. Créditos dos servizos veterinarios das consellerías do Mar e do Medio Rural.
A Consellería do Mar transferiralle, se é o caso, á Consellería do Medio Rural os créditos correspondentes ao custo dos postos dos servizos veterinarios traspasados á devandita consellaría polo importe que resulte en proporción ao tempo que transcorra desde o 1 de xaneiro de 2012 ata a entrada en vigor da modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Mar, do Medio Rural e de Sanidade con respecto aos servizos veterinarios, aprobada por acordo do Consello da Xunta do 21 de xullo de 2011.
Disposición transitoria quinta. Adecuación das entidades públicas instrumentais.
O disposto nesta lei para as entidades incluídas na alínea 5 da disposición transitoria terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aplicaráselles ás axencias públicas autonómicas que resulten da adaptación das súas normas estatutarias de organización e funcionamento.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da lei.
Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.
Disposición derradeira segunda. Vixencia.
As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2012.
Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor.
Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2012.
Santiago de Compostela, vinte e seis de decembro de dous mil once.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
ANEXO 1
Artigo 3
Entidades públicas empresariais |
Explotación |
Capital |
Portos de Galicia |
28.499 |
10.953 |
Augas de Galicia |
10.826 |
95.610 |
Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades |
74.200 |
44.965 |
Total |
113.525 |
151.528 |
(Miles de euros) |
Consorcios autonómicos |
Ingresos |
Gastos |
Axencia para a Legalidade Urbanística |
4.153 |
4.153 |
Consorcio Audiovisual de Galicia |
682 |
682 |
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar |
60.370 |
60.370 |
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia |
1.202 |
1.202 |
Instituto de Estudos Turísticos de Galicia |
597 |
597 |
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia |
440 |
440 |
Total |
67.444 |
67.444 |
(Miles de euros) |
Artigo 4
Sociedades mercantís públicas autonómicas |
Explotación |
Capital |
Redes de Telecomunicación Galegas, S.A. |
7.270 |
6.666 |
Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. |
1.604 |
10 |
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia |
19.697 |
189.315 |
Sodiga Galicia, Sociedade de Capital Risco |
1.199 |
10.369 |
Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A. |
2.456 |
50 |
Galicia Calidade, S.A. |
526 |
400 |
Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. |
1.994 |
5.370 |
Sociedade de Imaxe e Promoción Turística |
7.237 |
11.442 |
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo |
9.115 |
7.699 |
Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. |
30.197 |
417 |
Xenética Fontao, S.A. |
4.500 |
350 |
Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios |
34.407 |
2.360 |
Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. |
103.738 |
11.499 |
Xestión Urbanística da Coruña, S.A. |
12.888 |
48.285 |
Xestión Urbanística de Lugo, S.A. |
1.700 |
19.746 |
Xestión Urbanística de Ourense, S.A. |
2.571 |
11.188 |
Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. |
3.492 |
19.184 |
Total |
244.591 |
344.351 |
(Miles de euros) |
Fundacións do sector público autonómico |
Explotación |
Capital |
Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía |
1.493 |
69 |
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia |
10.207 |
12.608 |
Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria |
2.303 |
21 |
Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia 061 |
49.020 |
20 |
Instituto Galego de Medicina Xenómica |
3.460 |
156 |
Fundación Galicia Europa |
1.059 |
55 |
Fundación Impulso, Autonomía e Atención á Dependencia |
892 |
17 |
Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño |
450 |
540 |
Fundación Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico |
13.062 |
11 |
Instituto Feiral da Coruña |
1.630 |
50 |
Fundación Centro Tecnolóxico da Carne |
1.724 |
76 |
Fundación Deporte Galego |
3.730 |
10 |
Fundación Illa de San Simón |
335 |
10 |
Fundación Centro Tecnolóxico do Mar |
5.863 |
0 |
Fundación Galega Formación para o Traballo |
538 |
393 |
Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia |
25.444 |
264 |
Fundación Semana Verde de Galicia |
1.757 |
0 |
Fundación Centro de Supercomputación de Galicia |
3.229 |
873 |
Fundación Exposicións e Congresos da Estrada |
450 |
0 |
Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo |
922 |
88 |
Fundación Rof Codina |
1.722 |
39 |
Total |
129.291 |
15.300 |
(Miles de euros) |
ANEXO 2
Artigo 3.Tres
Entidades públicas empresariais |
Subvencións |
Subvencións |
Portos de Galicia |
0 |
9.401 |
Augas de Galicia |
474 |
60.765 |
Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades |
0 |
1.200 |
Total |
474 |
71.366 |
(Miles de euros) |
Artigo 4.Tres
Sociedades mercantís públicas autonómicas |
Subvencións |
Subvencións |
Redes de Telecomunicación Galegas, S.A. |
321 |
151 |
Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. |
1.579 |
10 |
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia |
0 |
5.933 |
Galicia Calidade, S.A. |
435 |
530 |
Sociedade de Imaxe e Promoción Turística |
4.267 |
12.242 |
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo |
9.544 |
2.386 |
Xenética Fontao, S.A. |
20 |
200 |
Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios |
33.048 |
94 |
Xestión Urbanística da Coruña, S.A. |
507 |
16 |
Xestión Urbanística de Lugo, S.A. |
101 |
3 |
Xestión Urbanística de Ourense, S.A. |
111 |
5 |
Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. |
203 |
42 |
Total |
50.136 |
21.612 |
(Miles de euros) |
ANEXO 3
Artigo 6.f)
Distribución de taxas e prezos (euros)
Consellería |
Taxas |
Prezos |
Total |
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG) |
335.000 |
|
335.000 |
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Outras) |
3.778.560 |
37.243 |
3.815.803 |
Facenda (Selección persoal) |
60.000 |
|
60.000 |
Facenda (Outras) |
379.964 |
|
379.964 |
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas |
9.106.881 |
582.581 |
9.689.462 |
Educación e Ordenación Universitaria (Selección persoal) |
105.761 |
|
105.761 |
Educación e Ordenación Universitaria (Outras) |
1.851.667 |
4.780.356 |
6.632.023 |
Economía e Industria |
4.274.030 |
1.255.608 |
5.529.638 |
Medio Rural |
4.343.316 |
3.024.632 |
7.367.948 |
Cultura e Turismo |
341.474 |
71.825 |
413.299 |
Sanidade |
3.188.160 |
|
3.188.160 |
Mar |
1.107.775 |
|
1.107.775 |
Traballo e Benestar |
396.342 |
16.849.624 |
17.245.966 |
Total |
29.268.930 |
26.601.869 |
55.870.799 |
ANEXO 4
Artigo 55
Módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento
de centros concertados
Educación infantil: |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,08:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
29.678,77 |
Gastos variables: |
4.039,51 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
6.962,30 |
Outros gastos: |
6.020,95 |
Importe total anual: |
46.701,53 |
Educación primaria: |
|
Centros de ata 6 unidades de primaria |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,40:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
38.472,48 |
Gastos variables: |
5.236,41 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
9.025,24 |
Outros gastos: |
6.020,95 |
Importe total anual: |
58.755,08 |
Centros de máis de 6 unidades de primaria |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,36:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
37.373,27 |
Gastos variables: |
5.086,79 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
8.767,37 |
Outros gastos: |
6.020,95 |
Importe total anual: |
57.248,38 |
Educación especial (niveis obrigatorios e gratuítos): |
|
I. Educación básica primaria: |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,12:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
30.777,99 |
Gastos variables: |
4.189,13 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
7.220,15 |
Outros gastos: |
6.422,40 |
Importe total anual: |
48.609,67 |
Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias: |
|
Psíquicos: |
20.011,46 |
Autistas ou problemas graves de personalidade: |
23.109,92 |
Auditivos: |
18.619,87 |
Plurideficientes: |
23.109,92 |
II. Programas de formación para a transición á vida adulta: |
|
(Ratio profesor/unidade: 2:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
54.960,68 |
Gastos variables: |
4.907,57 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
12.893,13 |
Outros gastos: |
9.058,94 |
Importe total anual: |
81.820,32 |
Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias: |
|
Psíquicos: |
31.951,05 |
Autistas ou problemas de personalidade: |
35.529,17 |
Auditivos: |
24.755,72 |
Plurideficientes: |
35.529,17 |
Educación secundaria obrigatoria: |
|
I. Primeiro e segundo curso: |
|
Centros de ata 4 unidades de ESO |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,56:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
50.341,81 |
Gastos variables: |
9.666,23 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
12.834,39 |
Outros gastos: |
7.827,26 |
Importe total anual: |
80.669,69 |
Centros de máis de 4 unidades de ESO |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
49.050,99 |
Gastos variables: |
9.418,39 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
12.505,31 |
Outros gastos: |
7.827,26 |
Importe total anual: |
78.801,95 |
II. Terceiro e cuarto curso: |
|
Centros de ata 4 unidades de ESO |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,56:1) |
|
Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
50.341,81 |
Gastos variables: |
9.666,23 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
10.639,06 |
Outros gastos: |
8.639,29 |
Importe total anual: |
79.286,39 |
Centros de máis de 4 unidades de ESO |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,52:1) |
|
Salario de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
49.050,99 |
Gastos variables: |
9.418,39 |
Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
10.366,26 |
Outros gastos: |
8.639,29 |
Importe total anual: |
77.474,93 |
Ciclos formativos: |
|
(Ratio profesor/unidade grao medio: 1,52:1) |
|
(Ratio profesor/unidade grao superior: 1,52:1) |
|
I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
|
Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas: |
|
Primeiro curso: |
47.883,98 |
Segundo curso: |
|
Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas: |
|
Primeiro curso: |
47.883,98 |
Segundo curso: |
47.883,98 |
Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas: |
|
Primeiro curso: |
47.883,98 |
Segundo curso: |
|
Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas: |
|
Primeiro curso: |
47.883,98 |
Segundo curso: |
47.883,98 |
II. Gastos variables: |
|
Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas: |
|
Primeiro curso: |
6.466,15 |
Segundo curso: |
|
Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas: |
|
Primeiro curso: |
6.466,15 |
Segundo curso: |
6.466,15 |
Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 horas a 1.700 horas: |
|
Primeiro curso: |
6.959,66 |
Segundo curso: |
|
Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas: |
|
Primeiro curso: |
6.959,66 |
Segundo curso: |
6.959,66 |
III. Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais |
|
Ciclos formativos de grao medio: |
10.366,26 |
Ciclos formativos de grao superior: |
10.366,26 |
IV. Outros gastos: |
|
Grupo 1. Ciclos formativos de: |
|
Condución de actividades físico-deportivas no medio natural. |
|
Servizos de restaurante e bar. |
|
Animación turística. |
|
Estética persoal decorativa. |
|
Química ambiental. |
|
Farmacia. |
|
Hixiene bucodental. |
|
Primeiro curso: |
10.178,78 |
Segundo curso: |
2.380,58 |
Grupo 2. Ciclos formativos de: |
|
Xestión administrativa. |
|
Secretariado. |
|
Mergullo a media profundidade. |
|
Laboratorio de imaxe. |
|
Comercio. |
|
Xestión comercial e márketing. |
|
Servizos ao consumidor. |
|
Axencias de viaxes. |
|
Aloxamento. |
|
Información e comercialización turísticas. |
|
Elaboración de aceites e zumes. |
|
Elaboración de produtos lácteos. |
|
Elaboración de viño e outras bebidas. |
|
Matadoiro e carnizaría, chacinaría. |
|
Muiñaría e industrias cerealistas. |
|
Laboratorio. |
|
Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns. |
|
Coidados auxiliares de enfermaría. |
|
Documentación sanitaria. |
|
Curtidos. |
|
Patronaxe. |
|
Procesos de ennobrecemento téxtil. |
|
Aceites de oliva e viños. |
|
Primeiro curso: |
12.376,05 |
Segundo curso: |
2.380,58 |
Grupo 3. Ciclos formativos de: |
|
Conservaría vexetal, cárnica e de peixe. |
|
Transformación de madeira e cortiza. |
|
Operacións de fabricación de produtos farmacéuticos. |
|
Operacións de proceso e pasta de papel. |
|
Operacións de proceso de planta química. |
|
Operacións de transformación de plásticos e caucho. |
|
Industrias de proceso de pasta e papel. |
|
Industrias de proceso químico. |
|
Plástico e caucho. |
|
Operacións de ennobrecemento téxtil. |
|
Primeiro curso: |
14.729,24 |
Segundo curso: |
2.380,58 |
Grupo 4. Ciclos formativos de: |
|
Encadernados e manipulados de papel e cartón. |
|
Impresión en artes gráficas. |
|
Fundición. |
|
Tratamentos superficiais e térmicos. |
|
Fabricación industrial de carpintaría e moble. |
|
Calzado e marroquinaría. |
|
Produción de fiadura e teceduría de calada. |
|
Produción de tecidos de punto. |
|
Procesos de confección industrial. |
|
Procesos téxtiles de fiadura e teceduría de calada. |
|
Procesos téxtiles de teceduría de punto. |
|
Operacións de fabricación de produtos cerámicos. |
|
Operacións de fabricación de vidro e transformados. |
|
Fabricación e transformación de produtos de vidro. |
|
Confección. |
|
Primeiro curso: |
17.041,30 |
Segundo curso: |
2.380,58 |
Grupo 5. Ciclos formativos de: |
|
Realización e plans de obra. |
|
Asesoría de imaxe persoal. |
|
Radioterapia. |
|
Animación sociocultural. |
|
Integración social. |
|
Primeiro curso: |
10.178,78 |
Segundo curso: |
3.849,67 |
Grupo 6. Ciclos formativos de: |
|
Operacións de cultivo acuícola. |
|
Primeiro curso: |
14.729,24 |
Segundo curso: |
3.849,67 |
Grupo 7. Ciclos formativos de: |
|
Explotacións gandeiras. |
|
Xardinaría. |
|
Traballos forestais e de conservación do medio natural. |
|
Xestión e organización de empresas agropecuarias. |
|
Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos. |
|
Administración e finanzas. |
|
Pesca e transporte marítimo. |
|
Navegación, pesca e transporte marítimo. |
|
Produción de audiovisuais, radio e espectáculos. |
|
Comercio internacional. |
|
Xestión do transporte. |
|
Obras de albanelaría. |
|
Obras de formigón. |
|
Operación e mantemento de maquinaria de construción. |
|
Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción. |
|
Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas. |
|
Óptica de anteollaría. |
|
Caracterización. |
|
Perrucaría. |
|
Estética. |
|
Explotación de sistemas informáticos. |
|
Administración de sistemas informáticos. |
|
Desenvolvemento de aplicacións informáticas. |
|
Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble. |
|
Prevención de riscos profesionais. |
|
Anatomía patolóxica e citolóxica. |
|
Saúde ambiental. |
|
Audiopróteses. |
|
Dietética. |
|
Imaxe para o diagnóstico. |
|
Laboratorio de diagnóstico clínico. |
|
Ortoprotésica. |
|
Educación infantil. |
|
Interpretación da lingua de signos. |
|
Atención sociosanitaria. |
|
Xestión de aloxamentos turísticos. |
|
Servizos en restauración. |
|
Panadaría, repostaría e confeitaría. |
|
Laboratorios de análises e control de calidade. |
|
Química industrial. |
|
Planta química. |
|
Audioloxía protésica. |
|
Emerxencias sanitarias. |
|
Farmacia e parafarmacia. |
|
Educación infantil (actualizado). |
|
Primeiro curso: |
9.167,25 |
Segundo curso: |
11.074,12 |
Grupo 8. Ciclos formativos de: |
|
Explotacións agrarias extensivas. |
|
Explotacións agrarias intensivas. |
|
Operación, control e mantemento de maquinaria e instalacións do buque. |
|
Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque. |
|
Equipos electrónicos de consumo. |
|
Equipos e instalacións electrotécnicas. |
|
Desenvolvemento de produtos electrónicos. |
|
Instalacións electrotécnicas. |
|
Sistemas de regulación e control automáticos. |
|
Acabados de construción. |
|
Restauración. |
|
Mantemento de aviónica. |
|
Próteses dentais. |
|
Instalacións eléctricas e automáticas. |
|
Sistemas microinformáticos e redes. |
|
Cociña e gastronomía. |
|
Confeccións e moda. |
|
Patronaxe e moda. |
|
Produción agropecuaria. |
|
Primeiro curso: |
11.290,71 |
Segundo curso: |
12.887,91 |
Grupo 9. Ciclos formativos de: |
|
Animación de actividades físicas e deportivas. |
|
Deseño e produción editorial. |
|
Produción en industrias de artes gráficas. |
|
Imaxe. |
|
Realización de audiovisuais e espectáculos. |
|
Son. |
|
Sistemas de telecomunicación e informáticos. |
|
Desenvolvemento de proxectos mecánicos. |
|
Produción por fundición e pulvimetalurxia. |
|
Produción por mecanizado. |
|
Fabricación a medida e instalación de madeira e moble. |
|
Produción de madeira e moble. |
|
Montaxe e mantemento de instalación de frío, climatización e produción de calor. |
|
Desenvolvemento de proxectos de instalación de fluídos, térmicas e de manutención. |
|
Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e procesos. |
|
Carrozaría. |
|
Electromecánica de vehículos. |
|
Automoción. |
|
Mantemento aeromecánico. |
|
Programación da produción. |
|
Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos. |
|
Mantemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos. |
|
Carrozaría (actualizado). |
|
Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica. |
|
Automoción (actualizado). |
|
Primeiro curso: |
13.279,90 |
Segundo curso: |
14.733,80 |
Grupo 10. Ciclos formativos de: |
|
Produción acuícola. |
|
Preimpresión en artes gráficas. |
|
Xoiaría. |
|
Mecanizados. |
|
Soldadura e caldeiraría. |
|
Construcións metálicas. |
|
Industria alimentaria. |
|
Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas. |
|
Mantemento ferroviario. |
|
Mantemento de equipo industrial. |
|
Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos. |
|
Vitivinicultura. |
|
Construcións metálicas (actualizado). |
|
Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos (actualizado). |
|
Primeiro curso: |
15.361,16 |
Segundo curso: |
16.471,77 |
Programas de cualificación profesional inicial: |
|
(Ratio profesor/unidade: 1,44:1) |
|
I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais: |
45.363,77 |
II. Gastos variables: |
6.125,83 |
III. Complemento retributivo Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais: |
9.906,52 |
IV. Outros gastos: |
|
Grupo 1: |
7.502,54 |
Sobre cualificacións nivel 1 das familias profesionais de: |
|
Administración. |
|
Comercio e márketing. |
|
Hostalaría e turismo. |
|
Imaxe persoal. |
|
Sanidade. |
|
Servizos socioculturais e á comunidade. |
|
Administración e xestión. |
|
Artesanías. |
|
Química. |
|
Seguridade e medio ambiente |
|
Grupo 2: |
8.577,66 |
Sobre cualificacións de nivel 1 das familias profesionais de: |
|
Actividades agrarias. |
|
Artes gráficas. |
|
Comunicación, imaxe e son. |
|
Edificación e obra civil. |
|
Electricidade e electrónica. |
|
Fabricación mecánica. |
|
Industrias alimentarias. |
|
Madeira e moble. |
|
Mantemento de vehículos autopropulsados. |
|
Mantemento e servizos á produción. |
|
Téxtil, confección e pel. |
|
Agraria. |
|
Imaxe e son. |
|
Enerxía e auga. |
|
Industrias extractivas. |
|
Madeira, moble e cortiza. |
|
Transporte e mantemento de vehículos. |
|
Marítimo-pesqueira. |
|
Instalación e mantemento. |
|
Informática. |
|
2.º curso de PCPI: |
7.502,54 |
ANEXO 5
Artigo 56
Créditos asignados ás corporacións locais |
||
12 |
Administración xeral |
200.000 |
13 |
Xustiza |
815.908 |
14 |
Administración local |
5.299.639 |
15 |
Normalización lingüística |
560.000 |
21 |
Protección civil e seguridade |
1.048.873 |
31 |
Acción social e promoción social |
54.143.275 |
32 |
Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo |
83.978.343 |
42 |
Educación |
1.468.959 |
43 |
Cultura |
1.808.750 |
44 |
Deportes |
557.536 |
45 |
Vivenda |
3.611.959 |
51 |
Infraestruturas |
5.001.399 |
52 |
Ordenación do territorio |
8.765.597 |
54 |
Actuacións ambientais |
2.036.885 |
55 |
Actuacións e valoración do medio rural |
7.200.000 |
56 |
Investigación, desenvolvemento e innovación |
5.414 |
57 |
Sociedade da información e do coñecemento |
736.620 |
61 |
Actuacións económicas xerais |
94.000 |
71 |
Dinamización económica do medio rural |
2.081.027 |
73 |
Industria, enerxía e minaría |
13.647.460 |
75 |
Comercio |
4.787.011 |
76 |
Turismo |
2.908.458 |
81 |
Transferencias a entidades locais |
121.943.659 |
Total |
322.700.772 |
ANEXO 6
Artigo 57
Coeficientes fondo base