Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40994

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011 pola que se suprime o Rexistro Auxiliar do Servizo de PAS.

Por Resolución do 14 de setembro de 1988 apróbase o Regulamento dos rexistros da Universidade de Santiago de Compostela (Diario Oficial de Galicia número 194, do 6 de outubro de 1988).

O artigo 16 desta resolución relaciona os rexistros auxiliares da universidade figurando entre eles o Rexistro Auxiliar do Servizo de PAS, situado no edificio da Balconada 6, Santiago.

A futura creación da sede electrónica da USC impulsa a implantación de xeito gradual medidas de racionalización e eficacia cara a creación do rexistro electrónico, por iso esta reitoría

RESOLVE:

A supresión do Rexistro Auxiliar do Servizo de PAS, situado no edificio da Balconada 6, Santiago.

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago, 22 de decembro de 2011.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela