Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 148

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de decembro de 2011 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a provisión polo sistema de libre designación.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería pola Orde do 9 de maio de 2011 (DOG núm. 104, do 31 de maio) de conformidade co disposto no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo cal se aproba o texto refundido la Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro. Declarar deserta a provisión dos posto de traballo seguinte:

Código do posto: MRC.07.00.000.15770.050.

Denominación: xefe/a do Servizo de Coordinación e Planificación.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Montes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural