En sesión que tivo lugar o día 26 de novembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2 acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 28 de xaneiro de 2012, no pavillón número 1 do recinto da Feira Internacional de Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do n.º 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.
María Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal

