Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da contratación do servizo de transporte e manutención en ruta para os participantes nos campionatos de España en idade escolar convocados polo Consello Superior de Deportes durante o curso 2011-2012.

Advertidos erros no anexo I (Calendario campionatos de España en idade escolar 2012) e no anexo II (Expedicións e transporte campionatos de España en idade escolar 2012) do prego de prescricións técnicas e no prego de cláusulas administrativas particulares na cláusula 6.1.1.4 (criterios de adxudicación) relativo á Resolución do 19 de decembro de 2011, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, pola Secretaría Xeral para o Deporte, da contratación do servizo de transporte e manutención en ruta para os participantes nos campionatos de España en idade escolar convocados polo Consello Superior de Deportes durante o curso 2011-2012, que foi publicada no DOG núm. 244, do 23 de decembro de 2011, e con obxecto de proceder á súa rectificación,

RESOLVO:

Primeiro. No anexo I, Calendario campionatos de España en idade escolar 2012, suprímense as competicións de baloncesto e balonmán; na competición de voleibol onde di: «datas: 10-15 abril», debe dicir: «9-14 de abril»; na competición de atletismo cadete onde di: «datas 1-30 xuño», debe dicir: «1-3 xuño»; na competición de ciclismo onde di: «datas 6-8 xullo», debe dicir: «13-15 xullo» e onde di: «16 modalidades, 12 desprazamentos», debe dicir: «14 modalidades, 10 desprazamentos».

Segundo. No anexo II, Expedicións e transporte campionatos de España en idade escolar 2012, suprímense as competicións de baloncesto e balonmán e na competición de voleibol onde di: «data 10-15 abril (saída o 9 con noite en ruta)», debe dicir: «9-14 abril (saída o 8 con noite en ruta)»; na competición atletismo cadete onde di: «data 1-30 xuño», debe dicir: «data 1-3 xuño»; na competición ciclismo, onde di: «data 6-8 xullo», debe dicir: «13-15 xullo».

Terceiro. No punto catro do prego de prescricións técnicas correspondente ao aloxamento queda suprimido o establecido en relación co campionato de España de balonmán.

Cuarto. Na cláusula 6.1.1.4 onde di: «por dispoñibilidade de bases físicas na zona do lote que corresponda con medios de mantemento de titularidade da empresa concursante: ata 20 puntos», debe dicir: «por dispoñibilidade de bases físicas da empresa concursante nalgunha das zonas que se marcan como punto de partida na epígrafe A, punto 2, do prego de prescricións técnicas: ata 20 puntos».

Quinto. Comunicar a rectificación efectuada que implica o inicio dun novo cómputo para a presentación de ofertas, dado que a modificación afecta elementos básicos do contrato.