Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 315

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de decembro de 2011 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúen os bens hereditarios remanentes da herdanza intestada de Florencio López Díaz.

Antecedentes.

Por comunicación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, do 29 de abril de 2008, iniciouse procedemento para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Florencio López Díaz, con DNI 33104933K, de acordo co disposto nos artigos 267 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, norma de aplicación neste caso dada a data de finamento do causante, 28 de outubro de 2007, no lugar das Sinas, en Vilanova de Arousa.

Por Auto do 14 de outubro de 2008, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, declarouse á Comunidade Autónoma de Galicia única herdeira ab intestato do causante.

O 21 de outubro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se lle daba publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente de sucesión intestada, sen que conste que se presentasen solicitudes por parte de beneficiarios da herdanza.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Decreto 50/1989, do 9 marzo, polo que se aproba o regulamento que executa a Lei 3/1985.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de Florencio López Díaz:

a) Bens e dereitos.

– Tesouraría.

Caixa Galicia número c/c: 20910376233000025886: 0,00 euros.

Banco Pastor número c/c: 00720453580000202077: 2.410,92 euros.

Total de bens e dereitos: 2.410,92 euros.

b) Obrigas e débedas.

– Non constan.

Total obrigas e débedas: 0,00 euros.

Total líquido (bens e dereitos-obrigas e débedas): 2.410,92 euros.

Segundo. Acordar a disposición dos bens remanentes, 2.410,92 euros, para a súa aplicación a establecementos de asistencia social ou institucións culturais, preferentemente e nesta orde, radicados no lugar da derradeira residencia do causante, no municipio de Vilanova de Arousa, na súa comarca e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercer calquera outro recurso que considere oportuno.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda