De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona, as resolucións de recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n 5.ª planta.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000022-1.
Denunciado: Domingo Moisés Martínez Insua.
DNI: 32402431P.
Enderezo: Grupo Cabo Fisterra Fisterra.
Precepto infrinxido: 137.3.
Sanción: 1.000 euros.
Resolución: estimatoria anulando a resolución.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura Territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado no que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
A Coruña, 20 de decembro de 2011.
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña