Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (798/11).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 798/11 por instancia de Erik Nelson Tasayco Vázquez contra Cath Tapea, S.L. sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 13.12.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Erik Nelson Tasayco Vázquez contra a empresa Cath Tapea, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 3.477,10 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende 42,22 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 42 005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 15340064079811.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cath Tapea, S.L., expido e asino a presente na Coruña a 14 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial