Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de información pública e convocatoria do concurso para a contratación da prestación do servizo de asistencia sanitaria aos funcionarios do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social.

Aprobado por decreto da Alcaldía do 2 de decembro de 2011 o expediente de contratación, incluídos o pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar o contrato para a prestación do servizo de asistencia sanitaria aos funcionarios de carreira do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, ao abeiro do establecido no Real decreto 480/1993, do 2 de abril, en especial no seu artigo sexto e na súa disposición transitoria quinta, que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso; no entanto a licitación aprazarase se resultar necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

– Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

– Obxecto do contrato.

Adxudicar o contrato da prestación do servizo de asistencia sanitaria aos funcionarios de carreira do Concello da Guarda non acollidos ao sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social.

– Duración.

Dous anos, prorrogables anualmente, ata o máximo permitido pola lei.

– Tipo de licitación.

75.240 euros (setenta e cinco mil douscentos corenta euros) (37.620 euros anuais) (IVE incluído), debendo o licitador na súa oferta desagregada en cota mensual por beneficiario, respecto do cal se admiten baixas.

– Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

– Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

– Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

– Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Guarda de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación no DOG ou no BOP na forma sinalada no prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

– Apertura de proposicións.

Ás doce horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá á apertura das ofertas presentadas. Para estes efectos, o sábado considerarase inhábil.

– Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 2 de decembro de 2011.

Miguel Ángel Español Otero
Alcalde en funcións