A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do 30 de decembro de 2010, adoptou o acordo de aprobar a oferta de emprego público do organismo autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo para o ano 2010, integrada polas seguintes prazas vacantes correspondentes todas a persoal funcionario:
| N.º | Denominación | Grupo | Escala | Subescala | Clase | Quenda | 
| 2 | Técnico Admón. xeral | A1 | Admón. xeral | Técnica | Superior | 1 libre+1 prom. interna | 
| 1 | Arquitecto | A1 | Admón. especial | Técnica | Superior | Libre | 
| 1 | Enxeñeiro téc. obras públicas | A2 | Admón. especial | Técnica | Media | Libre | 
| 1 | Enxeñeiro téc. industrial | A2 | Admón. especial | Técnica | Media | Prom. interna | 
| 2 | Inspector de urbanismo | C1 | Admón. especial | Servizos especiais | Funcións especiais | Prom. interna | 
A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 25 de abril de 2011, adoptou o acordo de aprobar a oferta de emprego público do organismo autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo para o ano 2011, integrada polas seguintes prazas vacantes correspondentes todas a persoal funcionario:
| N.º | Denominación | Grupo | Escala | Subescala | Clase | Quenda | 
| 2 | Enxeñeiro edificación | A1 | Admón. especial | Técnica | Superior | Prom. interna | 
| 8 | Administrativo | C1 | Admón. xeral | Admva. | ------------- | Prom. interna | 
| 1 | Oficial de oficios | C2 | Admón. especial | Servizos especiais | Funcións especiais | Prom. interna | 
Vigo, 30 de novembro de 2011.
M.ª Carmen Silva Rego
Concelleira delegada de Urbanismo, Barrios Históricos e Grandes Proxectos

 
					
					
					 
 
 