De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,
Nomeo conselleira do Medio Rural e do Mar a Rosa María Quintana Carballo.
Santiago de Compostela, tres de xaneiro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente