Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 460

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 9/2012, do 3 de xaneiro, polo que se nomea conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a Jesús Vázquez Abad.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

Nomeo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a Jesús Vázquez Abad.

Santiago de Compostela, tres de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente