Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 625

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 697/2010, interposto por Mayra Correa Precedo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 697/2010, interposto por Mayra Correa Precedo, contra a Resolución do 7 de xullo de 2010, da conselleira de Facenda pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 12 de maio de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, pola que se procede á publicación da baremación definitiva correspondente á fase de concurso.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública