A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.
En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 23 de decembro do 2011, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de decembro de 2011, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.
Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda