Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 623

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de decembro de 2011 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

A Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 25 de novembro de 2011, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa organización do segundo exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda