Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 628

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 22 de decembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a esta praza todos/as os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura e Turismo (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas xefaturas territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á comunidade autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e de un mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no DOG, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO I

Código do posto: CU.C02.00.000.15770.003.

Denominación do posto: secretario/a do secretario/a xeral técnico/a.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: C1, C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.447,56 euros.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Formación específica: (020) coñecementos informática nivel usuario (mérito); (641) para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

missing image file