Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.L.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: reforma C.T., R.B.T. Ribela-A Reguenga.
Situación: Coles.
Descricións técnicas:
R.B.T. aérea derivada do C.T. Ribela I (32C785) de 852 m con condutor R.Z.
R.B.T. aerosubterránea derivada do C.T. Ribela II (32A808) con condutor R.Z. de 1.661 m en aéreo e 145 m en subterráneo.
Aumento potencia C.T. Ribela I (32C785) de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 98.245,29 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.
Ourense, 9 de decembro de 2011.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

