Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 638

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2551/08 CG).

Nas actuacións número 2551/08 CG a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 889/2005 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos pola Mutua La Fraternidad-Muprespa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Enrique Gonzalo Sánchez Allo, Asion Tec, S.L., sobre incapacidade temporal, con data 14 de decembro de 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decisión: que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite, por razón da contía litixiosa, o recurso de suplicación interposto pola letrada María Emma Ojea Castro, na representación que ten acreditada de Fraternidade-Muprespa, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, contra a sentenza ditada o quince de febreiro de dous mil oito polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, no presente proceso seguido en virtude de demanda presentada por Enrique Gonzalo Sánchez Allo contra a entidade recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Asión Tec, S.L., sobre pagamento de prestacións por incapacidade temporal, e declaro igualmente a nulidade de todas as actuacións do dito xulgado do social desde a admisión a trámite do recurso de suplicación e declaro firme a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Asion Tec, S.L., con último domicilio coñecido en Icaro-Perillo, n.º 42, Oleiros, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, catorce de decembro de dous mil once.

O secretario xudicial