Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1013

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de decembro de 2011 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dispón na base II.1.1.6 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o terceiro exercicio o día 30 de novembro de 2011, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa organización do cuarto exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda