Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, da contratación do servizo de soporte e mantemento dos sistemas de tramitación de expedientes administrativos e presentación en sede da Xunta de Galicia (expediente 05/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 05/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento correctivo e evolutivo do soporte e mantemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: véxase o número 7) do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 901.488,38 €, máis 162.267,89 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 1.063.756,27 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

Anualidade

Importe s/IVE

Importe IVE

Importe c/IVE

2012

338.058,14 €

60.850,46 €

398.908,60 €

2013

450.744,19 €

81.133,95 €

531.878,14 €

2014

112.686,05 €

20.283,48 €

132.969,53 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17049

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 h.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o número 15) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 h do día 8.2.2012.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 h e sábados das 9.00 ás 14.00 h).

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 30.12.2011.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica