Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1235

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece no artigo 3.5 que un dos fins do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional é o de avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, calquera que sexa a súa forma de adquisición e, no seu artigo 4, establece que un dos seus instrumentos é o procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais.

A mesma lei, no seu artigo 8, alínea 2, establece que a avaliación e a acreditación da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación se debe desenvolver seguindo criterios que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, e que terá como referente o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; e na súa alínea 3 recolle a posibilidade de realizar acreditacións parciais acumulables.

O Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, polo que se regula o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, define no seu artigo 5, alínea b), a unidade de competencia como o agregado mínimo de competencias profesionais, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial, para os efectos previstos no artigo 8.3 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece como un dos seus principios xerais a concepción da educación como unha aprendizaxe permanente, que se desenvolverá ao longo de toda a vida. No seu artigo 66.4, referido á educación para as persoas adultas, determina como un dos seus obxectivos o de conectar as vías de aprendizaxe (ensino regrado ou non regrado, ou a través da experiencia laboral) e o de adoptar as medidas para a validación destas aprendizaxes.

O Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, vén desenvolver o establecido no artigo 8.4 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establecendo o procedemento e os requisitos para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, así como os seus efectos.

Para a implantación do procedemento en Galicia, o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, atribúe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as competencias para a promoción e o desenvolvemento do recoñecemento de competencias profesionais nas diferentes familias profesionais que compoñen o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Así mesmo, indica que será a Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas a quen lle corresponde a organización e a coordinación do sistema de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais.

O Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos órganos da Xunta de Galicia, recolle a Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional, creada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, como ente de dereito público adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten entre as súas funcións a avaliación da competencia profesional da poboación activa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina no seu artigo 20.2 que as ofertas flexibles para atender as necesidades de cualificación de colectivos específicos poderán realizarse nos réximes e nas modalidades que a consellería con competencias en materia de educación determine, así como a través do proceso de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias.

Así mesmo, no artigo 52 recóllense as validacións de módulos profesionais pola acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, indicando que quen teña acreditada unha unidade de competencia que forme parte do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais terá validados os módulos profesionais correspondentes, segundo se determine na norma que estableza cada título e se recolla na norma pola que se estableza o currículo correspondente. Pola súa banda, o artigo 58.1 di que quen non superase na súa totalidade as ensinanzas de cada un dos ciclos formativos terá dereito a que se lle expida un certificado académico dos módulos profesionais superados, o cal terá, ademais dos efectos académicos, efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O Consello Galego de Formación Profesional ten como unha das súas funcións emitir informe sobre os plans e as accións que se encamiñen ao recoñecemento e á avaliación da competencia da poboación activa e colaborar na implantación do dispositivo de recoñecemento e avaliación, segundo o disposto no artigo 1, punto k), do Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación, para continuar no desempeño das súas actividades profesionais ou acceder á mobilidade na súa profesión e precisan contar coa acreditación oficial das súas competencias profesionais, vén realizando, desde a súa participación no proxecto ERA no ano 2003, diferentes convocatorias para a acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral. No marco do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, realizáronse dúas convocatorias, pola Orde do 1 de setembro de 2009, para 1.600 prazas correspondentes a 64 unidades de competencia e pola Orde do 21 de marzo de 2011, para 3.200 prazas correspondentes a 44 unidades de competencia de diferentes familias profesionais.

Neste sentido, co fin de dar cumprimento ao establecido nas normativas que regulan os sectores en que se desenvolven as familias profesionais obxecto desta convocatoria, correspondentes a títulos de formación profesional implantados en Galicia, e de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, e ante a importante demanda detectada, esta consellería procede a realizar esta convocatoria para unidades de competencia das familias profesionais de administración e xestión, electricidade e electrónica, enerxía e auga, fabricación mecánica, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, madeira e moble, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade, téxtil, confección e pel e transporte e mantemento de vehículos.

Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.

1. O obxecto desta orde é realizar a convocatoria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Artigo 2. Estrutura organizativa.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada da organización e do desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias adquiridas pola experiencia laboral e por vías non formais de formación, a través da Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas.

Artigo 3. Lugar de realización (sedes).

O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP) recollidos no anexo II desta orde.

Artigo 4. Convocatoria do procedemento.

a) As unidades de competencia obxecto desta convocatoria son as recollidas no anexo I desta orde.

b) No anexo I recóllense os títulos de formación profesional relacionados con cada unidade de competencia e o número de prazas para cada unha delas.

c) A convocatoria será publicada integramente no Diario Oficial de Galicia, e un extracto dela no BOE.

Artigo 5. Comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.

1. Con sede na Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas existirá unha comisión de coordinación encargada de:

a) Cualificar a documentación achegada polos solicitantes maiores de 25 anos recollidos no artigo 6.2 desta orde.

b) Coordinar os traballos das distintas comisións de cualificación da documentación constituídas en cada centro sede dos procedementos.

c) Supervisar o procedemento de acreditación de competencia convocado pola presente orde.

2. Esta comisión estará integrada polo titular da Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas como presidente/a, o xefe do Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas e tres funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, un dos cales actuará como secretario.

Artigo 6. Requisitos de participación no procedemento.

1. Para acceder a este procedemento, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

b) Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

c.1) No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.

c.2) No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo cal teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan. Para todo isto, presentarán declaración xurada, segundo o modelo que figura como anexo IV desta orde de convocatoria.

2. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. A comisión de coordinación recollida no artigo 5 da presente orde será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva como solicitante na correspondente sede.

Artigo 7. Xustificación do historial profesional e/ou formativo.

1. A xustificación da experiencia laboral farase cos seguintes documentos:

a) Para traballadores e traballadoras asalariados.

a.1) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral).

a.2) Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e o período en que se realizara a devandita actividade. A certificación presentarase segundo o modelo de anexo VI desta orde.

b) Para traballadores e traballadoras autónomos ou por conta propia.

b.1) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña, dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente (vida laboral).

b.2) Descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que esta se realizou segundo o modelo establecido no devandito anexo VI.

c) Para voluntarios ou bolseiros.

Certificación da organización onde se prestou a asistencia, onde consten especificamente as actividades e as funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.

2. Xustificación da formación.

Para as competencias profesionais adquiridas a través de vías non formais de formación, a xustificación realizarase mediante documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretenda acreditar.

En cada certificado achegado deberán constar os contidos e as horas de formación, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación. No caso de ter realizados estudos parciais para a obtención dun título oficial ou certificado de profesionalidade pertencente a plans de formación extinguidos, débese presentar o correspondente certificado expedido polo centro oficial responsable.

3. Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

Artigo 8. Presentación de solicitudes e inscrición.

1. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. A solicitude conforme o modelo anexo III desta orde, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso, segundo o establecido no anexo II desta orde.

2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.

3. Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación:

– Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo.

– Calquera outra documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como proba potencial da competencia que se pretenda demostrar.

– A presentación da fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou autorización de residencia ou de residencia e traballo en vigor en España, só será necesaria en caso de que a persoa solicitante non autorice a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.

– Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, para as persoas aspirantes con algunha discapacidade que soliciten algún tipo de adaptación.

4. Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

5. A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

6. Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Artigo 9. Admisión de candidatos e candidatas.

a) Listaxes de persoas solicitantes.

1. Para a revisión e análise dos documentos presentados polos solicitantes existirá en cada sede unha comisión encargada da cualificación da documentación, que estará integrada polo xefe do departamento de acreditación e probas, que actuará como presidente, e ata un máximo de cinco persoas, seleccionadas por este, entre o persoal que presta servizos no centro sede.

2. As solicitudes recibidas en cada centro sede serán remitidas á comisión indicada no punto anterior, para a comprobación dos requisitos dos solicitantes.

3. A comisión constituída en cada sede para a cualificación da documentación será a encargada da publicación das listaxes de solicitantes correspondentes á súa sede, para o que contará cun mes desde o remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As listaxes de persoas solicitantes serán publicadas en cada sede correspondente e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

b) Emenda da documentación achegada.

1. Os solicitantes contarán cun prazo de 10 días naturais contados dende o seguinte ao de publicación das listaxes de solicitantes para emendar e completar a documentación previamente alegada na solicitude.

2. Só serán tidos en conta para os efectos de determinación da prioridade de acceso ao procedemento, nos casos en que exista maior número de demandantes que de prazas ofertadas, os méritos de experiencia o formación cos que conte o solicitante na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Listaxes provisionais de persoas admitidas.

1. As solicitudes previamente revisadas pola comisión encargada da cualificación da documentación en cada sede serán remitidas ás correspondentes comisións de avaliación para a súa baremación e a publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas.

2. As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada unidade de competencia publicaranse a partir do dia 30 de marzo de 2012, con indicación da causa de exclusión, nos lugares indicados na letra a) 4 deste mesmo artigo.

3. De existir maior número de persoas que cumpran os requisitos establecidos que número de prazas convocadas, as comisións de avaliación aplicaran os criterios de selección segundo o baremo recollido no anexo V desta orde, e publicarase a relación de admitidos coa correspondente puntuación.

4. As persoas aspirantes poderán presentar reclamacións contra as listaxes provisionais de persoas admitidas, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, dirixidas aos mesmos lugares onde se remitise a solicitude.

d) Listaxes definitivas de persoas admitidas.

1. A partir de dous meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes publicarase a relación definitiva de persoas admitidas nos lugares indicados para as listaxes provisionais.

2. Os candidatos admitidos estarán en disposición de pasar ás fases de asesoramento e avaliación.

3. O resto de solicitantes quedará en situación de reserva para cubrir, segundo a orde de puntuación que alcanzasen, os abandonos e as renuncias que se produzan.

4. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

e) Os solicitantes que non pasasen as fases de asesoramento e avaliación por insuficiente número de prazas poderán presentarse ao procedemento nas seguintes convocatorias mantendo a puntuación, sen necesidade de achegar a documentación xa alegada na primeira convocatoria á que se presentaran desde a publicación da presente orde, e poderán engadir os novos méritos de experiencia ou formación alcanzados.

Artigo 10. Servizos de información e orientación.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garantirá un servizo aberto e permanente que facilite información e orientación a todas as persoas que a soliciten.

1. Esta información e orientación será facilitada polos departamentos de orientación dos centros integrados de formación profesional e nos centros de formación profesional de titularidade pública dependentes da Administración educativa.

2. En cada punto de información existirá, polo menos, un profesional (orientador ou orientadora) para o desenvolvemento destas funcións.

3. Funcións:

a) Informar sobre o proceso de avaliación e recoñecemento das competencias profesionais para que se poida seguir adecuadamente, e tamén sobre a formalización e a presentación da documentación pertinente.

b) Elaborar, no caso de orientadores ou orientadoras dos centros onde se desenvolva o procedemento, un plan de formación para as persoas candidatas, onde se fará constar, segundo proceda:

– As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para que poidan acreditar en convocatorias posteriores as unidades de competencia das que solicitasen a súa acreditación.

– As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para completar a formación conducente á obtención dun título de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado con elas.

Artigo 11. Fases do procedemento.

A instrución do procedemento desenvolverase nas seguintes fases:

1. Asesoramento.

2. Avaliación da competencia profesional.

3. Acreditación e rexistro da competencia profesional.

Artigo 12. Primeira fase: asesoramento.

1. A fase de asesoramento comezará o día seguinte ao da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e terá que estar rematada no prazo máximo de dous meses. O asesor ou a asesora seguirá o procedemento establecido na guía de asesoría que se lle entregará previamente.

2. Esta fase será obrigatoria, polo que o candidato que non a realice perderá o dereito a participar na fase de avaliación.

3. Cando a persoa candidata decida non pasar a fase de avaliación, por entender que despois do asesoramento non ten evidencias de competencia, o asesor ou a asesora informará o departamento de orientación para que este, de ser o caso, elabore un plan de formación específico en función dos seus intereses e das súas expectativas.

4. Realización do asesoramento:

a) Nunha primeira reunión, que poderá ser grupal, informarase as persoas candidatas sobre o proceso concreto de avaliación e acreditación, e sobre os principais contidos das unidades de competencia correspondentes. Así mesmo, entregaráselles a documentación da fase de asesoramento e faráselles unha explicación sobre ela.

b) Na primeira entrevista individual axudaráselle a persoa candidata a cubrir o cuestionario de autoavaliación e demais documentación da fase de asesoramento, para que poida explicitar as competencias e as aprendizaxes que adquiriu, e motivarase para proseguir neste proceso como un proceso de aprendizaxe permanente ao longo da vida.

5. O asesor ou a asesora, contrastando os contidos do cuestionario de autoavaliación, do historial formativo e/ou profesional da persoa candidata, e do expediente de competencias, realizará un informe asinado, destinado á comisión de avaliación, que terá carácter orientativo, onde indicará motivadamente se considera que hai ou non evidencias suficientemente xustificadas da competencia da persoa candidata en cada unha das unidades de competencia e, doutra banda, indicaralle a conveniencia de pasar ou non á fase de avaliación.

– Se o informe é positivo (considera que hai evidencias suficientes sobre a competencia da persoa candidata), o asesor ou a asesora trasladará á comisión de avaliación o informe elaborado, así como toda a documentación achegada pola persoa candidata.

– Se o informe é negativo, o asesor ou a asesora indicaralle á persoa candidata a formación complementaria que poderá realizar, así como os centros onde se ofrece.

– O informe do asesor ou a asesora non é vinculante, polo que a persoa candidata poderá decidir pasar á fase de avaliación. Neste caso, o asesor ou a asesora tamén trasladará á comisión de avaliación o seu informe, xunto coa documentación referida.

Artigo 13. Segunda fase: avaliación da competencia profesional.

1. Esta fase comezará para cada candidata/o ao remate da fase de asesoramento e deberá estar rematada antes do 31 de xullo de 2012. Os resultados serán publicados na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

2. A avaliación, en cada unha das unidades de competencia en que estea inscrita a persoa candidata, terá por obxecto comprobar se esta demostra a competencia profesional requirida nas realizacións profesionais, nos niveis establecidos nos criterios de realización e nunha situación de traballo, real ou simulada, fixada a partir do contexto profesional.

3. A comisión de avaliación realizará un plan de avaliación en que constarán, polo menos, as actividades e os métodos de avaliación que se vaian aplicar, tendo en conta as guías de evidencias.

– O proceso de avaliación iniciarao a comisión de avaliación coa análise do informe do asesor ou a asesora, e de todas as evidencias indirectas que se obteñan da documentación achegada pola persoa candidata en cada unidade de competencia.

– Utilizaranse para a obtención das evidencias directas os métodos que se consideren necesarios para comprobar o explicitado pola persoa solicitante na documentación achegada, segundo as guías de evidencias: a observación da persoa candidata no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou a entrevista profesional.

– A comisión informará a persoa candidata sobre as actividades e os métodos de avaliación, así como os lugares e as datas previstas para a súa realización. Cando a comisión de avaliación o considere necesario, poderá requirirlle a información complementaria que considere necesaria ou solicitar novas evidencias directas adicionais.

– O plan individualizado de avaliación será asinado pola persoa candidata antes do inicio do seu desenvolvemento. De cada actividade de avaliación realizada quedará un rexistro asinado pola persoa aspirante e o avaliador ou a avaliadora.

4. Resultados do proceso de avaliación.

– Rematada a etapa de avaliación, completarase o expediente de evidencias, que recollerá os resultados e os rexistros producidos ao longo do procedemento e que deberá estar custodiado durante o período regulamentario para atender os posibles procesos de reclamación nas sedes onde se desenvolva o proceso.

– A comisión de avaliación valorará, de xeito inapelable, os resultados do proceso e emitirá o xuízo da competencia da persoa candidata, expresado en termos de demostrada ou non demostrada, o que fará constar nunha acta asinada por todos os membros da comisión de avaliación, segundo o modelo do anexo VII desta orde.

– A comisión de avaliación elaborará un informe individualizado de cada persoa candidata, onde indique os resultados da avaliación das competencias profesionais, así como a proposta de formación.

– O presidente ou a presidenta da comisión de avaliación serán responsables de informar por escrito as persoas candidatas avaliadas dos resultados da avaliación. Así mesmo, informarán da forma e os prazos para exercer o dereito de reclamación ante a comisión de avaliación e, de ser o caso, a presentar os recursos administrativos que procedan.

– Os candidatos poderán presentar reclamación perante a comisión de avaliación no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao de recepción do escrito de comunicación do resultado do proceso de avaliación. Contra a decisión da comisión avaliadora poderá presentarse recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. O incumprimento grave, por parte da persoa solicitante de recoñecemento, das normas de prevención, protección e seguridade que cumpra aplicar en cada proba provocará a súa interrupción e a exclusión do procedemento.

6. Principios para a avaliación.

a) A avaliación baseada na competencia consiste basicamente na acumulación de suficientes probas de evidencia que permitan inferir con toda confianza a competencia da persoa candidata.

b) A decisión da avaliación non poderá estar baseada exclusivamente no historial profesional nin formativo, senón que deberá complementarse con evidencias de competencia recollidas por distintos métodos (directos e indirectos).

c) No desenvolvemento do proceso de avaliación da competencia profesional deberase procurar preservar a autoestima das persoas.

d) Os modos de recollida de evidencias de competencia especificaranse nas guías de evidencias e deberán ter diferentes orixes: historial profesional e formativo, traballos e proxectos realizados pola persoa candidata, observación no posto de traballo, conversas profesionais, simulacións e probas profesionais.

e) Cando as evidencias presentadas na fase de asesoramento non sexan suficientes, a comisión de avaliación planificará a recollida de evidencias complementarias seguindo o plan de avaliación xeral realizado pola comisión de avaliación, tendo en conta as orientacións da guía de evidencias. A planificación da avaliación será personificada para cada candidato ou candidata, e recollerá as actividades de avaliación coa identificación dos métodos de avaliación para utilizar, así como as datas e os lugares previstos. O plan de avaliación deberá ser pactado coa persoa candidata, incluíndo a data e o lugar en que se vaia levar a cabo.

f) Na avaliación deberanse aplicar de xeito combinado distintos modos de validar a competencia profesional.

Cando sexa posible, atendendo á situación laboral da persoa traballadora, deberáselle dar prioridade á observación no posto de traballo como método de recollida de evidencias de competencia.

g) Haberá un rexistro de cada actividade, que estará asinado polo avaliador ou a avaliadora, e pola persoa candidata.

Artigo 14. Terceira fase: acreditación e rexistro da competencia profesional.

1. A acreditación das unidades de competencia realizaraa a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segundo proposta da comisión de avaliación, consonte o modelo que figura no anexo VIII desta orde.

2. A expedición da acreditación de unidades de competencia terá efectos de acreditación parcial acumulable e de validación da formación referida á devandita unidade de competencia nos títulos de formación profesional e de exención nos certificados de profesionalidade:

– A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recoñecerá as unidades de competencia acreditadas que producirán efectos de validación dos módulos profesionais correspondentes, segundo a normativa vixente, e que se establece en cada título.

– A Consellería de Traballo e Benestar recoñecerá as unidades de competencia acreditadas, que producirán efectos de exención dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia dos certificados de profesionalidade, segundo a normativa vixente, e que se establece en cada un dos certificados.

3. As acreditacións concedidas teñen carácter oficial, con validez en todo o territorio do Estado. Terán os efectos académicos e profesionais previstos na lexislación vixente no tocante a exencións, correspondencias e validacións.

4. O rexistro das acreditacións de unidades de competencia realizarase de acordo co procedemento establecido no artigo 18 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

Artigo 15. Comisión de avaliación. Composición.

1. A comisión de avaliación será o órgano decisorio no proceso de avaliación da competencia e xulga a competencia das persoas candidatas tendo en conta as evidencias obtidas na fase de asesoramento e as obtidas na fase de avaliación. Ademais, é o órgano responsable de levar a cabo a preparación das probas de competencia, de facer o seguimento do seu desenvolvemento e da avaliación dos seus resultados.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo o proceso de avaliación das diferentes unidades de competencia para as cales se convoca o procedemento de avaliación e acreditación.

2. Composición das comisións de avaliación.

a) A comisión de avaliación estará constituída polo menos por cinco membros, dos que un debe ocupar a presidencia, outro desempeñará o cargo de secretario ou secretaria, e os tres restantes serán vogais. Todos estes membros terán que dispor da habilitación como avaliadores ou avaliadoras outorgada pola Administración educativa ou laboral, para participaren no procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional.

b) Garantirase a presenza de avaliadores e avaliadoras tanto do sector formativo como do produtivo. Excepcionalmente, poderanse designar comisións de avaliación en que falte algún dos sectores, se iso impedise a realización da fase de avaliación.

c) A comisión de avaliación poderá propor a incorporación de profesionais cualificados en calidade de expertos, con voz e sen voto, que serán nomeados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

d) A presidencia recaerá nun empregado público da Administración e deberá ter unha experiencia laboral ou docente no ámbito profesional específico de, polo menos, seis anos ou actuar durante dous anos como persoal asesor ou avaliador neste procedemento. Será responsable das actuacións da comisión e da coordinación entre as fases do proceso.

e) A secretaría recaerá nun empregado público da Administración e encargarase de efectuar a convocatoria das sesións por orde da presidencia, redactar as actas das sesións, dar fe dos acordos tomados pola comisión de avaliación e cantas outras funcións sexan inherentes ao seu cargo.

f) Para protexer a imparcialidade e o rigor técnico da avaliación, as actuacións das comisións de avaliación estarán suxeitas á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Requisitos, formación e habilitación.

1. A habilitación do persoal asesor e/ou avaliador farase atendendo a criterios de experiencia e formación específica, segundo os criterios que se establecen a continuación:

a) Ter unha experiencia de polo menos catro anos nalgún dos seguintes colectivos:

– Profesorado, con atribución docente na familia profesional correspondente, pertencente aos corpos de catedráticos, profesorado de ensino secundario ou profesorado técnico de formación profesional.

– Formadores ou formadoras con especialización nas unidades de competencia que se especifiquen.

– Profesionais expertos nas unidades de competencia que se especifiquen.

b) Superar un curso de formación específica organizado e supervisado pola Administración educativa, tomando como referente os contidos establecidos no Real decreto 1224/2009, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

2. As persoas habilitadas poderán actuar como persoal asesor ou avaliador nas comisións de avaliación, e deberán ser nomeadas en cada convocatoria.

3. As persoas designadas como persoal asesor non poderán participar como avaliadoras nunha mesma convocatoria de avaliación e acreditación, e viceversa.

Artigo 17. Instrumentos de apoio.

1. O proceso de avaliación das competencias profesionais require unha serie de instrumentos que fagan posible o seu desenvolvemento coa calidade e o rigor necesarios, como son:

– Un manual de procedemento, integrado por unha guía da persoa candidata, unha guía para o asesor ou a asesora, e unha guía do avaliador ou a avaliadora, que deberá elaborar o órgano responsable da Administración educativa e/ou laboral.

– Cuestionarios de autoavaliación, que constitúen un dos elementos prescritivos na fase de asesoramento. Van permitir traducir a competencia da persoa candidata a termos de realizacións e criterios de realización das unidades ou dos ámbitos de competencia que constitúen o referente neste proceso.

– Guía de evidencias, para cada unidade de competencia, onde se especifiquen as fontes e os métodos de obtención da evidencia, que vai constituír a directriz no contraste de competencias. Consideraranse como fontes de evidencia o traballo actual da persoa candidata, as simulacións, os seus logros anteriores e as conversas profesionais. Deberanse concretar as técnicas de obtención de evidencias e os criterios de avaliación, en cada caso.

– Plan de avaliación, que deberán elaborar as comisións de avaliación e que permitirá realizar o plan de avaliación individualizado para cada persoa.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria contextualizará, de ser o caso, segundo as características e as necesidades propias da nosa comunidade autónoma, os documentos básicos elaborados pola Administración xeral do Estado en colaboración coas comunidades autónomas.

Artigo 18. Seguimento do procedemento.

A avaliación final do procedemento correspóndelle ao Consello Galego de Formación Profesional ou, de ser o caso, á comisión técnica designada por el, sen prexuízo dos aspectos que sexan competencia exclusiva doutros órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 19. Permisos individuais de formación.

As persoas que estean a traballar poderán utilizar os permisos individuais de formación para participar nas fases de asesoramento e avaliación deste procedemento, de acordo co que establece o Ministerio de Traballo e Inmigración, en desenvolvemento do artigo 12 do Real decreto 395/2007, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego.

Artigo 20. Financiamento.

1. Esta convocatoria financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As persoas que participen nesta convocatoria estarán exentas do aboamento de taxas administrativas.

Artigo 21.

Calquera tratamento de datos de carácter persoal que se leve a cabo durante a tramitación do procedemento respectará o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo.

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación,
asociadas a cualificacións profesionais, ciclos de grao medio
e superior e familias profesionais

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Administración e xestión

CM Xestión administrativa

ADG308_2

Actividades de xestión administrativa 

UC0233_2

Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación

40

UC0973_1

Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia

40

UC0976_2

Realizar as xestións administrativas do proceso comercial

40

UC0978_2

Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático

40

UC0979_2

Realizar as xestións administrativas de tesouraría

40

UC0980_2

Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos

40

UC0981_2

Realizar rexistros contables

40

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Electricidade e electrónica

CM Instalacións eléctricas e automáticas

ELE043_2 

Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións de edificios

UC0120_2

Montar e manter instalacións de captación de sinais de radiodifusión sonora e televisión en edificios ou conxuntos de edificacións (antenas e vía cable)

100

UC0121_2

Montar e manter instalacións de acceso ao servizo de telefonía dispoñible ao público e instalacións de control de acceso (telefonía interior e videoportaría)

100

ELE257_2

Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

UC0820_2

Montar e manter instalacións eléctricas de baixa tensión en edificios destinados principalmente a vivendas

100

UC0821_2

Montar e manter instalacións eléctricas de baixa tensión en edificios comerciais, de oficinas e dunha industria ou de varias

100

UC0822_2

Montar e manter instalacións de automatismos no ámbito de vivendas e pequena industria

100

UC0823_2

Montar e manter redes eléctricas aéreas de baixa tensión

100

UC0824_2

Montar e manter redes eléctricas subterráneas de baixa tensión

100

UC0825_2

Montar e manter máquinas eléctricas

100

CM Instalacións de telecomunicacións

ELE043_2

Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións de edificios

UC0120_2

Montar e manter instalacións de captación de sinais de radiodifusión sonora e televisión en edificios ou conxuntos de edificacións (antenas e vía cable)

40

UC0121_2

Montar e manter instalacións de acceso ao servizo de telefonía dispoñible ao público e instalacións de control de acceso (telefonía interior e videoportaría)

40

ELE188_2

Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión

UC0597_2

Montar e manter instalacións de megafonía e sonorización de locais

40

UC0598_2

Montar e manter instalacións de circuíto pechado de televisión

40

ELE189_2

Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos

UC0599_2

Montar e manter sistemas de telefonía con centraliñas de baixa capacidade

40

UC0600_2

Montar e manter infraestruturas de redes locais de datos

40

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Enerxía e auga

CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

ENA358_3

Eficiencia enerxética de edificios

UC0842_3

Determinar a viabilidade de proxectos de instalacións solares

75

UC1194_3

Avaliar a eficiencia enerxética das instalacións de edificios

75

UC1195_3

Colaborar no proceso de certificación enerxética de edificios

75

UC1196_3

Xestionar o uso eficiente da auga en edificacións

75

UC1197_3

Promover o uso eficiente da enerxía

75

Fabricación mecánica

CM Soldadura e caldeiraría

FME035_2

Soldadura

UC0099_2

Realizar soldaduras con arco eléctrico con eléctrodo revestido

100

UC0098_2

Realizar soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás

100

UC0100_2

Realizar soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo non consumible (TIG)

100

UC0101_2

Realizar soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco

100

FME351_2

Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

UC1142_2

Trazar e mecanizar tubaxes

100

UC1143_2

Conformar e armar tubaxes

100

UC1144_2

Montar instalacións de tubaxe

100

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Hostalaría e turismo

CM Cociña e gastronomía

INA015_2

Panadaría e bolaría

UC0036_2

Aplicar a normativa de seguridade, hixiene e protección ambiental na industria panadeira

100

HOT093_2

Cociña

UC0259_2

Definir ofertas gastronómicas, realizar o aprovisionamento e controlar consumos

100

UC0260_2

Preelaborar e conservar calquera clase de alimentos

100

UC0261_2

Preparar elaboracións básicas de múltiples aplicacións e pratos elementais

100

UC0262_2

Preparar e presentar os platos máis significativos das cociñas rexionais de España e da cociña internacional

100

INA107_2

Pastelaría e confeitaría

UC0310_2

Aplicar a normativa de seguridade, hixiene e protección ambiental na industria alimentaria

100

HOT223_2

Repostaría

UC0306_2

Realizar e/ou controlar as operacións de elaboración de masas, pastas e produtos básicos de múltiples aplicacións para pastelaría e repostaría

100

UC0709_2

Definir ofertas sinxelas de repostaría, realizar o aprovisionamento interno e controlar consumos

100

UC0710_2

Elaborar e presentar produtos feitos a base de masas e pastas, sobremesas de cociña e xeados

100

UC0711_2

Actuar baixo normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría

100

CM Servizos en restauración

INA015_2

Panadaría e bolaría

UC0036_2

Aplicar a normativa de seguridade, hixiene e protección ambiental na industria panadeira

100

HOT093_2

Cociña

UC0259_2

Definir ofertas gastronómicas, realizar o aprovisionamento e controlar consumos

100

INA107_2

Pastelaría e confeitaría

UC0310_2

Aplicar a normativa de seguridade, hixiene e protección ambiental na industria alimentaria

100

HOT223_2

Repostaría

UC0711_2

Actuar baixo normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría

100

HOT328_2

Servizos de restaurante

UC1052_2

Desenvolver os procesos de servizo de alimentos e bebidas en sala

100

UC1048_2

Servir viños e prestar información básica sobre eles

100

UC1053_2

Elaborar e acabar pratos á vista da clientela

100

UC0711_2

Actuar baixo normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría

100

UC1054_2

Dispor de todo tipo de especialidades na restauración

100

UC1051_2

Comunicarse en inglés, nun nivel de usuario básico, en servizos de restauración

100

CS Xestión de aloxamentos turísticos

HOT094_3

Recepción

UC0263_3

Executar e controlar o desenvolvemento de accións comerciais e reservas

25

UC0264_3

Realizar as actividades propias da recepción

25

UC0265_3

Xestionar departamentos da área de aloxamento

25

UC1057_2

Comunicarse en inglés, cun nivel de usuario independente, nas actividades turísticas

25

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Industrias alimentarias

CM Aceites de oliva e viños

INA174_2

Elaboración de viños e licores

UC0314_2

Controlar o proceso de envasamento e acondicionamento de bebidas

25

UC0548_2

Controlar a materia prima e preparar as instalacións e a maquinaria de adega

25

UC0549_2

Controlar as fermentacións e o acabamento dos viños

25

UC0550_2

Realizar vinificacións especiais

25

UC0551_2

Conducir o proceso de destilación e elaborar augardentes e licores

25

Madeira, moble e cortiza

CM Carpintaría e moble

MAM058_2

Mecanizado de madeira e derivados

UC0160_2

Preparar máquinas e equipamentos de taller

40

UC0161_2

Preparar máquinas e equipamentos de taller industrializados

40

UC0162_1

Mecanizar madeira e derivados

40

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Química

CS Laboratorio de análise e control de calidade

QUI117_3

Análise química

UC0052_3

Organizar e xestionar a actividade do laboratorio aplicando os procedementos e as normas específicas

40

UC0053_3

Organizar o plan de mostraxe e realizar a toma de mostras

40

UC0341_3

Realizar análises por métodos químicos, avaliar os resultados e informar deles

40

UC0342_3

Aplicar técnicas instrumentais para a análise química, avaliar os resultados e informar deles

40

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Sanidade

CM Emerxencias sanitarias

SAN025_2

Transporte sanitario

UC0069_1

Manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material

200

UC0070_2

Prestarlle ao paciente soporte vital básico e apoio ao soporte vital avanzado

200

UC0071_2

Trasladar o paciente ao centro sanitario útil

200

UC0072_2

Aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise

200

SAN122_2

Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes

UC0072_2

Aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise

200

UC0360_2

Colaborar na organización e no desenvolvemento da loxística sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes, asegurando o abastecemento e a xestión de recursos e apoiando os labores de coordinación en situacións de crise

200

UC0361_2

Prestar atención sanitaria inicial a múltiples vítimas

200

UC0362_2

Colaborar na preparación e na execución de plans de emerxencias e de dispositivos de risco previsible

200

CM Farmacia e parafarmacia

SAN123_2

Farmacia

UC0363_2

Controlar os produtos e os materiais, a facturación e a documentación en establecementos e servizos de farmacia

240

UC0364_2

Asistir na dispensación de produtos farmacéuticos, informando as persoas usuarias sobre a súa utilización e determinando parámetros somatométricos sinxelos, baixo a supervisión de persoal facultativo

240

UC0365_2

Asistir na dispensación de produtos sanitarios e parafarmacéuticos, informando as persoas usuarias sobre a súa utilización, baixo a supervisión de persoal facultativo

240

UC0366_2

Asistir na elaboración de fórmulas maxistrais, preparacións oficinais, dietéticas e cosméticas, baixo a supervisión de persoal facultativo

240

UC0367_2

Asistir na realización de análises clínicas elementais e normalizadas, baixo a supervisión de persoal facultativo

240

UC0368_2

Colaborar na promoción e na protección da saúde, na prevención de doenzas e na educación sanitaria, baixo a supervisión de persoal facultativo

240

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Servizos socioculturais e á comunidade

CS Educación infantil

SSC322_3

Educación infantil

UC1027_3

Establecer e manter relacións fluídas coa comunidade educativa e coordinarse coas familias, co equipo educativo e con outros profesionais

125

UC1028_3

Programar, organizar, realizar e avaliar procesos de intervención educativa de centro e de grupo de cativos e cativas

125

UC1029_3

Desenvolver programas de adquisición e adestramento en hábitos de autonomía e saúde, e programas de intervención en situacións de risco

125

UC1030_3

Promover e pór en práctica situacións de xogo como eixe da actividade e do desenvolvemento infantil

125

UC1031_3

Desenvolver os recursos expresivos e comunicativos do neno e da nena como medio de crecemento persoal e social

125

UC1032_3

Desenvolver accións para favorecer a exploración do contorno a través do contacto cos obxectos, e as relacións do cativo e da cativa cos seus iguais e coas persoas adultas

125

UC1033_3

Definir, secuenciar e avaliar aprendizaxes, interpretadas no contexto do desenvolvemento infantil de cero a seis anos

125

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Téxtil, confección e pel

CM Confección e moda

TCP070_2

Ensamblaxe de materiais

UC0195_2

Recoñecer materias primas e produtos de confección, calzado e marroquinaría

40

UC0196_2

Ensamblar pezas de tecidos e laminados

40

UC0197_2

Ensamblar pezas de peles e coiros

40

Ciclo

Cód. cualificación

Cualificación

Cód. UC

Unidade de competencia

Prazas

Transporte e mantemento de vehículos

CM Electromecánica de vehículos automóbiles

TMV047_2

Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles

UC0130_2

Manter os sistemas hidráulicos e pneumáticos, de dirección e de suspensión

140

UC0131_2

Manter os sistemas de transmisión e freos

140

TMV048_2

Mantemento do motor e dos seus sistemas auxiliares

UC0132_2

Manter o motor térmico

140

UC0133_2

Manter os sistemas auxiliares do motor térmico

140

TMV197_2

Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

UC0626_2

Manter os sistemas de carga e arranque de vehículos

20

UC0627_2

Manter os circuítos eléctricos auxiliares de vehículos

20

UC0628_2

Manter os sistemas de seguridade e confortabilidade de vehículos

20

ANEXO II

Relación de centros onde se vai desenvolver o proceso de recoñecemento,
avaliación e acreditación da competencia profesional

Familia profesional

Ciclo formativo

Código sede

Sede do tribunal avaliador

Enderezo

Teléfono

Administración e xestión

CM Xestión administrativa

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Avenida Castelao, 64 (Caranza), Ferrol, A Coruña 15406

981321565

32016765

CIFP Portovello

Rúa Luís Trabazos (As Lagoas), 1, Ourense, Ourense 32004

988232649

Electricidade e electrónica

CM Instalacións eléctricas e automáticas

15014556

CIFP Coroso

Avenida da Coruña, 174C, Ribeira, A Coruña 15960

981870361

15006754

CIFP Ferrolterra

Avenida Ramón y Cajal, s/n, Ferrol, A Coruña 15403

981333107

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Rúa Rosalía de Castro, 133, Santiago de Compostela, A Coruña 15706

981522062

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Rúa Armando Durán, 3, Lugo, Lugo 27002

982220328

27020793

CIFP Porta da Auga

Avenida Luarca, Ribadeo, Lugo 27700

982128894

Electricidade e electrónica

CM Instalacións de telecomunicacións

32015050

CIFP A Farixa

Rúa Finca Farixa, s/n (Mariñamansa), Ourense, Ourense 32005

988236552

36014489

CIFP A Xunqueira

Rúa Rafael Areses, s/n, Pontevedra, Pontevedra 36155

986873003

Enerxía e auga

CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

15006754

CIFP Ferrolterra

Avenida Ramón y Cajal, s/n, Ferrol, A Coruña 15403

981333107

32015050

CIFP A Farixa

Rúa Finca Farixa, s/n (Mariñamansa), Ourense, Ourense 32005

988236552

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

Estrada vella de Madrid, 160, Vigo, Pontevedra 36214

986270904

Fabricación mecánica

CM Soldadura e caldeiraría

15024513

CIFP Someso

Rúa Someso, 6, A Coruña, A Coruña 15008

981282200

15006754

CIFP Ferrolterra

Avenida Ramón y Cajal, s/n, Ferrol, A Coruña 15403

981333107

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Rúa Rosalía de Castro, 133, Santiago de Compostela, A Coruña 15706

981522062

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

Estrada vella de Madrid, 160, Vigo, Pontevedra 36214

986270904

Hostalaría e turismo

CM Cociña e gastronomía

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Rúa San Pedro de Mezonzo, 4, A Coruña, A Coruña 15004

981160196

15016000

CIFP Compostela

Lamas de Abade, s/n, Santiago de Compostela,

A Coruña 15702

981523140

36020064

CIFP Carlos Oroza

Avenida Montecelo, 16, Pontevedra, Pontevedra 36161

986847002

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n, Vigo, Pontevedra 36214

986273800

Hostalaría e turismo

CM Servizos en restauración

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Rúa San Pedro de Mezonzo, 4, A Coruña, A Coruña 15004

981160196

15016000

CIFP Compostela

Lamas de Abade, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña 15702

981523140

36020064

CIFP Carlos Oroza

Avenida Montecelo, 16, Pontevedra, Pontevedra 36161

986847002

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n, Vigo, Pontevedra 36214

986273800

Hostalaría e turismo

CS Xestión de aloxamentos turísticos

15016000

CIFP Compostela

Lamas de Abade, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña 15702

981523140

Industrias alimentarias

CM Aceites de oliva e viños

36007552

CIFP A Granxa

Rúa Areas, s/n, (apdo. 7) Ponteareas, Pontevedra 36860

986640068

Madeira, moble e cortiza

CM Carpintaría e moble

15024513

CIFP Someso

Rúa Someso, 6, A Coruña, A Coruña 15008

981282200

Química

CS Laboratorio de análise e control de calidade

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Rúa Rosalía de Castro, 133, Santiago de Compostela, A Coruña 15706

981522062

Sanidade

CM Emerxencias sanitarias

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Paseo Marítimo, 47, A Coruña, A Coruña 15002

981210112

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Rúa Armando Durán, 3, Lugo, Lugo 27002

982220328

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n, Vigo, Pontevedra 36214

986273800

Sanidade

CM Farmacia e parafarmacia

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Paseo Marítimo, 47, A Coruña, A Coruña 15002

981210112

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Rúa Armando Durán, 3, Lugo, Lugo 27002

982220328

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n, Vigo, Pontevedra 36214

986273800

Servizos socioculturais e á comunidade

CS Educación infantil

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Paseo Marítimo, 47, A Coruña, A Coruña 15002

981210112

15016000

CIFP Compostela

Lamas de Abade, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña 15702

981523140

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Rúa Armando Durán, 3, Lugo, Lugo 27002

982220328

32016765

CIFP Portovello

Rúa Luís Trabazos (As Lagoas), 1, Ourense, Ourense 32004

988232649

36014489

CIFP A Xunqueira

Rúa Rafael Areses, s/n, Pontevedra, Pontevedra 36155

986873003

Téxtil, confección e pe

CM Confección e moda

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n, Vigo, Pontevedra 36214

986273800

Transporte e mantemento de vehículos

CM Electromecánica de vehículos automóbiles

15024513

CIFP Someso

Rúa Someso, 6, A Coruña, A Coruña 15008

981282200

15006754

CIFP Ferrolterra

Avenida Ramón y Cajal, s/n, Ferrol, A Coruña 15403

981333107

15014556

CIFP Coroso

Avenida da Coruña, 174C, Ribeira, A Coruña 15960

981870361

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Rúa Rosalía de Castro, 133, Santiago de Compostela, A Coruña 15706

981522062

27020793

CIFP Porta da Auga

Avenida Luarca, Ribadeo, Lugo 27700

982128894

36014489

CIFP A Xunqueira

Rúa Rafael Areses, s/n, Pontevedra, Pontevedra 36155

986873003

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

Estrada vella de Madrid, 160, Vigo, Pontevedra 36214

986270904

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file