De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro),
DISPÓN:
Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, os postos de supervisor/a de unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que se relacionan no anexo desta resolución.
As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do complexo hospitalario e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, sito no edificio administrativo, primeira planta, dirixidas á xerenta de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Ourense, 9 de decembro de 2011.
Eloína Núñez Masid
Xerenta de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Reanimación.
Número de vacantes: 1.
Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Radiodiagnóstico.
Número de vacantes: 1.
Denominación do posto: supervisor/a de Unidade Xeral.
Número de vacantes: 3.