Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).
Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 19 de decembro de 2011.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
43 |
Optativas |
0 |
Prácticas externas |
8 |
Traballo fin de máster |
9 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Caracterización e Clasificación de Residuos Industriais |
4 |
Obrigatorio |
Caracterización e Avaliación de Residuos Industriais e Contaminantes |
Caracterización e Avaliación de Contaminantes en Residuos Industriais |
4.5 |
Obrigatorio |
|
Monitorización e Modelización da Contaminación |
3 |
Obrigatorio |
|
Xestión Ambiental de Instalacións Industriais |
5 |
Obrigatorio |
Control e Tratamento de Residuos e Emisións Industriais |
Xestión e Tratamento de Residuos e Emisións Industriais |
6 |
Obrigatorio |
|
Regulación Administrativa sobre a Contaminación |
3 |
Obrigatorio |
Aspectos Xurídicos e Administrativos da Contaminación |
Incidencia doutras Normas Xurídicas sobre a Contaminación |
3 |
Obrigatorio |
|
Análise e Caracterización de Solos Contaminados |
3 |
Obrigatorio |
Solos: Avaliación e Descontaminación |
Técnicas e Procedimentos de Descontaminación de Solos |
3.5 |
Obrigatorio |
|
Tipoloxía de Efluentes e Verteduras Industriais |
3 |
Obrigatorio |
Augas: Avaliación e Depuración |
Tecnoloxía e Instalacións de Depuración de Augas e Verteduras |
5 |
Obrigatorio |
|
Prácticas de empresas |
8 |
Obrigatorio |
Prácticas de empresa |
Traballo fin de máster |
9 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control, o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.