De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Lugo, 13 de decembro de 2011.
M.ª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
LU-01427-O-2011 9179-DZK Garda Civil 2704 I64330I |
Transportes Riazor, S.A. A15202666 Polg. Arco Iris Soñeiro 54 15168 Sada Coruña (A) |
Minoración ata o 20% nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos das 9.00 ás 8.00 horas. 1.6.2011; 21.01; LU-861; 03,00 |
Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT |
Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT |
301 euros |