Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).
Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T.S., C.T., Porto Brea (Queixas-Cerceda).
Situación: concello de Cerceda.
Características técnicas:
Liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 15 m, en condutor R.H.Z.1.-20L-12/20 kV, 3×(1×95 mm² A1), con orixe no paso aéreo-soterrado para realizar no apoio existente (coordenadas UTM X: 541.511 Y: 4.776.429) de tipo HV-13/1.000 da L.M.T. a depuradora de augas (expte.: 51.975) e final na cela de liña do C.T. Porto Brea proxectado (coordenadas UTM X: 541.510, Y: 4.776.428).
Centro de transformación (C.T.) prefabricado Porto Brea, de potencia 250 kVA, con relación de transformación 20/0,4-230 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 30 de novembro de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña