Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Sinforiano López.
Situación: concello de Arteixo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. SBN-715A, entre o C.T. avda. Fisterra n.º 119 (expediente 251/02) e o C.T. Reconquista 3 (expediente 79/2001), con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al), realizando entrada e saída no centro transformación Sinforiano López proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 13 de decembro de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial