En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o 11 de novembro de 2011 a acta do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL.), que tivo lugar o 5 de novembro de 2011 en Santiago de Compostela, asinada polo secretario e o presidente da mesa do congreso, José Pérez Rey e Miguel Anxo Méndez López, respectivamente, na cal se recollen, entre outros acordos, o relativo á modificación de estatutos do dito sindicato.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais