Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministración pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 19 de decembro de 2011.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministración
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
|
Tipo de materia |
ECTS |
|
Obrigatorias |
38 |
|
Optativas |
0 |
|
Prácticas externas |
14 |
|
Traballo fin de máster |
8 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.
|
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
|
Sistema Loxístico e a Cadea de Subministración. Estratexia, Planificación e Operativa |
3 |
Obrigatorio |
Dirección e Xestión da Loxística e da Cadea de Subministración. Obxectivos Funcionais |
|
Sistemas de Xestión da Calidade, a Seguridade e o Ambiente |
4 |
Obrigatorio |
|
|
Enfoques Avanzados en Xestión da Calidade |
3 |
Obrigatorio |
|
|
Costes Loxísticos e Servizo ao Cliente. Indicadores de Xestión |
3 |
Obrigatorio |
|
|
Dirección de Compras. Aprovisionamentos e Xestión de Stocks |
4 |
Obrigatorio |
Dirección e Xestión da Loxística e da Cadea de Subministración nas Áreas de Compras e Produción |
|
Sistemas de Información e Tecnoloxías na Xestión da Loxística e da Cadea de Subministración |
6 |
Obrigatorio |
|
|
Sistema de Almacenaxe: Deseño da Rede e Xestión de Almacéns |
3 |
Obrigatorio |
Dirección e Xestión da Loxística e da Cadea de Subministración na Área de Distribución Física |
|
Infraestruturas Loxísticas e Xestión do Transporte Nacional e Internacional |
6 |
Obrigatorio |
|
|
Mellora Continua: Lean Production e Just in Time |
3 |
Obrigatorio |
Mellora Continua na Dirección e Xestión da Loxística e da Cadea de Subministración |
|
Liderado. Sistemas de Participación do Persoal |
3 |
Obrigatorio |
|
|
Prácticas externas I |
7 |
Obrigatorio |
Prácticas externas |
|
Prácticas externas II |
7 |
Obrigatorio |
|
|
Traballo fin de máster |
8 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministración o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.

