Ana González González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente,
Anuncio:
Neste procedemento de divorcio seguido por instancia de Bernardo Álvarez Fernández fronte a Johanna Esther Jamiagua Alcántara se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
«Sentenza de divorcio.
Sentencia n.º 1247/2011.
Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.
Ourense, 15 de decembro de 2011.
Vistos estes autos n.º 806/2011 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Enríquez, en nome e representación de Bernardo Álvarez Fernández como demandante, asistido polo letrado Sr. Orban, fronte a Johanna Esther Jamiagua Alcántara, que foi declarada en rebeldía.
Resolución.
Acordo a disolución do matrimonio formado por Bernardo Álvarez Fernández e Johanna Esther Jamiagua Alcántara, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.
Non se impoñen custas deste procedemento a ningunha das partes.
Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de 20 días contado desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal. Deberase constituír o depósito legalmente establecido.
Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.
Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».
E ao estar a demandada, Johanna Esther Jamiagua Alcántara, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Ourense, 16 de decembro de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado