María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que na resolución ditada o día 19-12-2011 no proceso seguido por instancia de María Eugenia Maceira Pampín contra Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., en reclamación por salarios, rexistrado co n.º 931/2008, se acordou notificarlle á empresa a seguinte sentenza:
«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Eugenia Maceira Pampín contra Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., debo condenar e condeno a empresa Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.947,32 euros polos conceptos reclamados en demanda.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.
E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar o depósito especial para recorrer.
Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.
E para que lle sirva de notificación a Instalaciones y Montajes Eléctricos Fran, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 26 de decembro de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado