Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a redacción do proxecto básico e de execución de rehabilitación do cuartel de San Fernando para centro de interpretación e museo da romanización en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizos para a redacción do proxecto básico e de execución de rehabilitación do cuartel de San Fernando para centro de interpretación e museo da romanización en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 223.845,70 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 22 de decembro de 2011.

c) Contratista: Buj Colón Arquitectos, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: 221.607,24 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo