Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre a contratación das obras de rehabilitación do ben de interese cultural da fortaleza do Castro (fase I).

Aprobado pola Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o día 5 de xaneiro deste ano, o prego de cláusulas administrativas que deberán rexer o procedemento de contratación das obras de rehabilitación do ben de interese cultural da fortaleza do Castro (fase I) cun orzamento de licitación de 566.546,20 €, dos cales 86.422,30 € corresponden ao IVE, faise público este anuncio para que no prazo de vinte e seis días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da última das dúas convocatorias de licitación (DOG e BOP), aqueles que estean interesados poidan presentar as súas proposicións, no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e sábados das 10.00 ás 13.00 horas.

O prego de cláusulas administrativas está á disposición dos interesados no perfil do contratante: www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 9 de xaneiro de 2012.

Alfredo García Rodríguez
Alcalde