Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Esgos

ANUNCIO de información pública sobre explotación helicícola (caracois).

Carlos Rodríguez Diéguez, en nome e representación de Vendascol, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para explotación helicícola (caracois), nas Vendas, 22-Folgoso. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles. Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Esgos, 9 de xaneiro de 2012.

Mario Rodríguez González
Alcalde