Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2012, do Servizo de Control Financeiro e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de Control Financeiro 2011, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Bouzian Aarab, en relación coa subvención percibida: prima non renovable – buque Ormalomar – Plan de Recuperación da Pescada do Norte 2009, palangre de fondo; cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca con cargo ao Programa operativo do sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio, faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Bouzian Aarab, non foi posible practicala.

2. Que, por medio deste anuncio, se pon de manifesto que Bouzian Aarab ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no edificio San Caetano, s/n, bloque n.º 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma–Consellería de Facenda), de luns a venres, e en horario de 9.00 a 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Bouzian Aarab.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación se entenderá producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012.

Pablo Benigno Villarquide Vega
Xefe do Servizo de Control Financeiro e Subvencións