Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado de carácter industrial (S.UR.ND.I-1).

A Xunta de Goberno Local deste concello, na sesión ordinaria do día 11 de xaneiro de 2012, acordou a aprobación inicial do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado de carácter industrial (S.UR.ND.I-1), promovido por Conejos Gallegos Cogal, S. Coop. Galega, na parroquia de Álceme.

De conformidade co previsto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o plan inicialmente aprobado sométese á información pública por espazo dun mes, co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere pertinentes.

Para os citados efectos, a documentación completa poderase consultar nas oficinas do Concello de Rodeiro (Departamento de Urbanismo), en horario de atención ao público.

Rodeiro, 16 de xaneiro de 2012.

Luís López Diéguez
Alcalde