De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, n.º 4 e 6 baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 2 de xaneiro de 2012.
Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense
Anexo
Expediente: ANP-OU-14/2011-V.
Interesado: José González Vázquez.
Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.