Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3523

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (25/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 25/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Horta Coslada Construcciones Metálicas, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social INSS, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social TXSS e Claudio Daniel Gómez Caldera, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que desestimando a demanda formulada por Horta Coslada Construcciones Metálicas, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e contra Claudio Daniel Gómez Caldera, con DNI n.º X29928668Q, debo declarar e declaro que non procede, e absolvo os codemandados das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto o sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Claudio Daniel Gómez Caldera, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado