En virtude do establecido nos artigos 13.2 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, e 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezanove de xaneiro de dous mil doce,
Nomeo directora da Axencia Galega de Infraestruturas a Ethel María Vázquez Mourelle.
Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas