Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3824

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a contratación dunha subministración de diverso mobiliario e material didáctico para a Escola Infantil de Carballo-A Braña, xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, mediante procedemento aberto multicriterio.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/12/SU/EI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dunha subministración de diverso mobiliario e material didáctico para a Escola Infantil de Carballo-A Braña, xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 30 días (máximo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: procedemento aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 97.672,38 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5% do orzamento da adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 87 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15.º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratárense de persoas inscritas no Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia, deberá facelo constar así na parte exterior do sobre A, e consignar tamén o seu número de inscrición.

c) Lugar de presentación:

1.º Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2.º Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo (10.º) día natural seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar