Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras de conexión da AR-22-O coa glorieta API-A3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense.

En cumprimento co disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público, para o coñecemento xeral, a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2152.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de conexión da AR-22-O coa glorieta API-A3 do PXOM de Ourense. Separata correspondente ao ámbito da AR-26-O da vía de conexión da AR-22-O coa glorieta API-A3 do PXOM de Ourense.

c) CPV: 45000000.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 209.756,03 euros. IVE: 37.756,08 euros. Importe total: 247.512,11 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de decembro de 2011.

b) Data de formalización: 27 de decembro de 2011.

c) Contratista: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 172.440 euros. IVE: 31.039,20 euros. Importe total: 203.479,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: con base no informe técnico e pola aplicación da fórmula recollida no prego de condicións para a valoración dos criterios reconducibles a fórmulas.

Ourense, 28 de decembro de 2011.

Isabel Pérez González
Alcaldesa en funcións