O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.
Dáselle publicidade a unha segunda relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2011
Data |
Título do convenio |
Importe (€) |
12.9.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Faro de Vigo, S.A., para a difusión de temas informativos da competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |
50.000,00 |
12.9.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Rías Baixas Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico Diario, para o desenvolvemento do programa educativo A prensa nas aulas mola. |
20.000,00 |
12.9.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa La Región, S.A., editora do diario La Región, para o desenvolvemento do programa educativo A prensa nas aulas mola. |
20.000,00 |
12.9.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., para a difusión de temas informativos da competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |
40.000,00 |
15.9.2011 |
Addenda ao convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade. |
36.000,00 |
20.9.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formación profesional inicial e materias de estudos universitarios. |
0 |
30.9.2011 |
Convenio específico polo que se establece a colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento do protocolo xeral relativo ao programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (Programa I3) para o ano 2010 (exercicio 2011). |
0 |
26.10.2011 |
Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para a aplicación do proxecto Escuela 2.0. |
6.484.188,00 |
27.10.2011 |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Tecnoló-xico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a impartición de cursos de lingua inglesa para traballadores do Intecmar na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa. |
0 |
4.11.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o grupo La Región, S.A., para o desenvolvemento do programa educativo Miñoambiente. |
30.000,00 |
4.11.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades do Sistema Universitario de Galicia para o programa de estabilización 2011. |
3.607.552,20 |
11.11.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización do practicum do alumnado da diplomatura en Biblioteconomía e Documentación. |
0 |
2.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Audiovisual de Galicia para a organización de monográficos de linguas estranxeiras para profesionais do sector audiovisual nas escolas oficiais de idiomas. |
0 |
13.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para a impartición de cursos de lingua inglesa para profesionais do sector audiovisual. |
0 |
26.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para a xestión do servizo de comedor escolar en oito centros de ensino público non universitario do concello. |
65.000,00 |
26.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Mugardos para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro de ensino público non universitario do concello. |
5.000,00 |
26.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Muíños para a xestión do servizo de comedor escolar en un centro de ensino público non universitario do concello. |
18.107,10 |
26.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Narón para a xestión do servizo de comedor escolar en catro centros de ensino público non universitario do concello. |
50.000,00 |
30.12.2011 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados. |
735.000,00 |