Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Ana Pollan Martínez contra Muinelo Alta Selección, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 990/2011 se ha acordado citar a Muinelo Alta Selección, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19.12.2012 ás 11.00, para a celebración dos actos de conciliación, e se é o caso xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste xulgado do social número 1 sito na r/ Armando Durán, 1, 4.º de Lugo, que deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de citación a Muinelo Alta Selección, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no DOG.
Lugo, 10 de xaneiro de 2012.
O secretario xudicial