Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de xaneiro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 17 de decembro de 2010.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 17 de decembro de 2010 (DOG número 244, do 22 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 2 de decembro de 2011 (DOG número 238, do 15 de decembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 10 de febreiro de 2012, ás 10.30 horas.

Os/as aspirantes convocados/das poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/tas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/das, entre as que queden sen adxudicar.

Os/as aspirantes que soliciten ser declarados/das en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular, regulada no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG número 250, do 30 de decembro)– deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal no cal conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Relación de vacantes do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos

N.º

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

1

FCA010000215770032

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

Xornada
de tarde

2

FCA010000215770033

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

3

FCA010000315770042

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Produción Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

Xornada
de tarde

4

FCA010000315770043

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Produción Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela